CONCURSO DE VÍDEO-CREACIÓN PARA CENTROS DE ENSINO
Convoca: Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santiago
Destinatarios: centros escolares de toda Galicia.
Obxectivos: contribuír a que se creen e difundan traballos audiovisuais para impulsar a normalización da lingua.
Características dos vídeos:
– realizados durante este curso
– en soporte dixital
– cunha duración máxima de 10 minutos
– en calquera formato
– con calquera xénero, focaxe…
– cunha temática en torno á promoción do uso da lingua galega
Procedemento para participar:
Presentar unha copia do audiovisual xunto coa ficha de inscrición no Rexistro do Concello de Santiago de Compostela e, paralelamente, envialas por correo electrónico ao Departamento de Lingua Galega (dlg@santiagodecompostela.org)
Prazo: ata o 2 de maio.
Categorías e premios:
– Infantil: 400 euros
– Primaria: 400 euros
– Secundaria obrigatoria: 400 euros
– Secundaria postobrigatoria: 400 euros
– Premio do público: 400 euros
Pode seguirse o día a día da convocatoria no evento creado na páxina de facebook da Concellería de Xuventude do Concello de Santiago www.facebook.com/events/