Campaverán 2023 en Cerdedo-Cotobade
NOTA DO 9 DE XUÑO do 2023: Prazas esgotadas
CAMPA VERÁN 2023 – INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS
QUENDA 9 – 15 DE XULLO
LISTADO DE MATERIAL PERSOAL RECOMENDADO PARA LEVAR:
- Saco de durmir e esterilla aillante
- Pixama ou roupa para durmir
- Chanclas para a ducha.
- Neceser con artigos de aseo: pasta e cepillo de dentes, peite ou cepillo do pelo, champú, xel, desodorante, tampóns, compresas, repelente para mosquitos, crema protectora solar.
- Toalla de ducha
- Toalla de baño (para o río)
- 6 pares de calcetíns
- 8 camisetas de manga curta
- 3 pantalóns curtos
- 8 mudas interiores (bragas ou calzóns)
- 2 suxeitadores
- 2 ou 3 traxes de baño
- 2 pares de tenis
- 1 par de chanclas diferentes ás da ducha (opcional)
- 2 pantalóns longos de vestir ou de chándal
- 2 suadoiros ou chaquetas
- Viseira ou gorra para o sol
- 1 Chuvasqueiro lixeiro
- 1 Lanterna con reposto de pilas
- Bolsa para gardar a roupa sucia
- Mochila pequena para levar as cousas nos traslados. Mandádelles roupa que se poida manchar ou “perder” sen problema
Non levar obxectos de valor, tablets, dispositivos informáticos ou cámaras de fotos. Nin diñeiro
No caso dos móbiles, serán entregados á directora do campamento ao chegar a instalación nunha bolsa de plástico (tipo conxelador) co nome da persoa propietaria por fóra, para poder ser máis accesible chegado o momento de comunicación coa familia, así como orixinal da tarxeta sanitaria (da seguridade social ou equivalente).
Todo tipo de medicación será entregada á directora do campamento o nome do/a menor por fóra, e cunha folla informando sobre a aplicación e dose para a súa administración.
DATAS E HORARIO DE CHEGADA E RECOLLIDA
- Chegada o domingo 9 de xullo ás 17.00 horas
- Recollida o sábado 15 de xullo ás 12.00 horas.
DATAS E HORARIO CHAMADAS:
- Martes 11 e venres 14 de xullo de 20:00 a 21:00 horas.
TELÉFONO CAMPAMENTO: 651 720 350 (MAR)