Aventura en familia 2024

As inscricións comezan o día 11 de marzo

Visita Granxa de Xanceda e mosteiro e lagoa de Sobrado. Domingo 12 de maio

Saída autobús dende o Pazo da Cultura ás 10:00 horas.
Ruta pola lagoa de Sobrado. Visita ao mosteiro de Sobrado. Ruta guiada pola granxa.
Cada participante ten que levar o seu xantar. Será comida en zona de pícnic.

Regreso ás 19:30 horas.

Prezo por persoa:

Socios de ANPA federada na FANPA: 8 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 10 EUROS


KAYAK libre en familia 11,25 de maio 1 e 8 de xuño ás 11 horas (anotarse só a unha data por familia)

En Ecoparque Atalaia en augas tranquilas nun tramo de aproximadamente 1km no Río Lérez, cun precioso bosque de ribeira (o monitor entrega a equipación-chaleco salvavidas). 2 horas de duración. É necesario levar unha muda completa de roupa. Menores: a partir de 5 anos.

Prezo por persoa:

Socios de ANPA federada na FANPA: 6 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 9 EUROS


Paddlesurf en familia. Sábados 6,13,20 e 27 de abril e 4,11 e 25 de maio de 11:30 a 13:30 horas. (anotarse por días soltos)

Actividade que se levará a cabo na praia fluvial do Lérez. Os monitores entregan neopreno, táboa e todo o material necesario para levar a cabo a actividade. Menores: a partir de 7 anos.

Prezo por persoa e día:

Socios de ANPA federada na FANPA: 6 euros persoa e día.
Non socios de ANPA federada na FANPA: 10 euros persoa e día.

TIROLINAS EN FAMILIA. 12 ou 26 de maio DE 11 A 14 HORAS. (anotarse só a unha data por familia)

Actividade a realizarse no Ecoparque Marín. É un circuíto arbóreo para practicar o equilibrio e a destreza corporal .

Está incluído todo o material para a práctica desta actividade. Menores: a partir de 6 anos.

Prezo por persoa:

Socios de ANPA federada na FANPA: 7 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 11 EUROS

“HUMOR AMARILLO” ACTIVIDADE. 5 de maio de 12 A 13:30 HORAS.

Actividade a realizarse en Humor Amarillo Vigo. Estrada Monte Alba S/N.
É un circuíto de probas coma as que se facían no programa “humor amarillo”.
Está incluído todo o material para a práctica desta actividade. Menores: a partir de 7 anos.

Prezo por persoa:

Socios de ANPA federada na FANPA: 7 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 11 EUROS


INSCRICIÓN: A PARTIR DO DÍA 11 DE MARZO

Mediante correo electrónico a actividades@nontedurmas.org, onde debe figurar a seguinte información:

– Nome e apelidos de todas as persoas participantes e teléfono de contacto.

– Aventuras e datas nas que se inscriben. No caso das do kayak e tirolinas debe figurar a data na que se inscribe.

– Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.

Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de entrada do correo electrónico. Recibirán un correo confirmando se ten as prazas solicitadas adxudicadas. Unha vez recibido este correo, disporán dun prazo de 24 horas para realizar o pago, mediante transferencia bancaria na conta: ES16 2080 5403 4030 4011 9244 e enviarán o xustificante de pago ao correo actividades@nontedurmas.org.

 Non se contempla a devolución da contía salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente.  DATAS DE INSCRICIÓN: Do 11 de marzo ás 9:00 horas ao 31 de marzo do 2024 ás 14:00 horas. Non se admitirán inscricións fora deste tramo horario.