Investigadores no IES Xunqueira 1

Os alumnos de cuarto da ESO do IES A Xunqueira I convertéronse este xoves por un día en investigadores de casos de violencia de xénero grazas a un taller impartido por Alejandro Gómez, profesor da Escola de Formación do Sindicato Unificado de Policía (SUP) especializado na materia. O experto utilizou casos reais para implicar aos estudantes na simulación da investigación criminal deste tipo de delitos, analizando con eles os patróns de conduta e buscando explicacións a este tipo de comportamentos.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/151556.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2012/02/17/policias-adolescentes-contra-lacra-violencia-sexista/0003_201202P17C7991.htm