Curso de Comunicación familiar

Comunicamos que seguindo o noso plan de formación para xuntas directivas, o vindeiro 17 de abril, haberá un curso de "comunicación familar" englobado dentro dos cursos itinerantes de CEAPA.

Pensamos que é un tema de gran importancia e que pode resultar do voso interese.

Nº de prazas: 30

Data: 17 de abril de 2010

Horario: de 10:00 a 14:00 hrs e de 16:00 a 20:00 hrs.

Lugar: CEIP Campolongo (Rúa Xeneral Rubín nº 3 36001 PONTEVEDRA)

Monitora: Letizia Madrazo

A inscrición farase por orde riguroso, está limitada a 2 participantes por ANPA, que puideran ser máis no caso de quedar prazas baleiras. Pregamos sexan responsables á hora de inscribirse, se lles xurde algún imprevisto e non poden asistir, avisen con antelación para que outra persoa poida ocupar a praza.

A comida será por conta de cada participante, a FANPA comprométese a organizar e reservar a comida, sempre e cando a solicitude se faga con tempo.

Poden anotarse por teléfono ou mail, os datos necesarios son:

Nome e apelidos

ANPA a que pertence

Teléfonos de contacto

Se está interesado en quedar a comer.

Este curso está dirixido a todos os pais e nais  de ANPA Federadas e ao día no pago da cota de asociada.

 

PDF

ú Xeneral Rubín nº 3 36001 PONTEVEDRA Rúa Xeneral Rubín nº 3 36001