Asemblea o vindeiro 26 de novembro
Convócase Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar no Salón de actos da Residencia de estudantes de Caixanova de Pontevedra, o vindeiro 26 de novembro de 2011, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 10:30 horas en segunda.
Esta mesma información xunto co certificado de acreditación xa vola enviamos por correo ordinario. Asemade envíamos unha enquisa para que nos devolvades cuberta sobre a situación do voso centro, ou se preferides podes enviarnos as cuestións básicas nun correo electrónico con asunto "incidencias curso 2011/12".