CartelMenoresNuevasTecn1.jpg

Os menores e as novas tecnoloxías

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil informará a
pais e nais sobre “Os menores ante as novas tecnoloxías”
A Concellería de Educación coorganiza a charla coloquio que se desenvolverá o 14 de abril no Auditorio Vilagarcía.

A utilización masiva por parte dos mozos e mozas de tódalas
idades das novas vías de comunicación e información que ofrecen as novas tecnoloxías fan preciso un certo control que garanta aspectos tan importantes como a seguridade ou a intimidades das persoas, en especial dos menores de idade. Informar a pais e nais sobre estas circunstancias é o obxectivo da charla coloquio que a vindeira semana ofrecerá o Equipo de
investigación Tecnolóxica da Garda Civil en colaboración coa Concellería de Educación.Baixo o título de Os menores ante as novas tecnoloxías persoal do equipo integrado no Corpo de Delitos Telemáticos explicará aos pais e nais que asistan ó acto o funcionamento e as características de sistemas que van dende a telefonía móbil, ás redes sociais comoFacebook, Twenty…. e ó seu futuro inmediato, así como a mensaxeiría instantánea ou Chat
pasando polas redes P2P ou o Wifi Chat.
Aparte de informar sobre cómo funcionan e os atractivos e avantaxas que estes sistemas presentan para os mozos e mozas incidirase de xeito especial nos riscos que pode presentar un uso indebido delas, ben de forma consciente como por descoñecemento dos problemas que pode conlevar. Así abordaranse aspectos como o acoso (Grooming e cyberbullying) ou as
URL,S perniciosas. Pos ultimo, o expertos do equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil ofrecerá algúns consellos aos pais e nais e indicaralles uns enlaces de interese nos que poder resolver as dúbidas ou problemáticas que se lle poidan ir presentando no día a día cos
seus fillos e fillas. Trala explicación, os asistentes poderán facer todas as preguntas que consideren oportunas.
O obxectivo desta actividade é garantir que os mozos e mozas poidan gozar das novas tecnoloxías e das grandes posibilidades que estas ofrecen tanto no eido educativo como lúdico e social sen correr riscos, de xeito seguro, e poñendo os medios precisos para garantir a seguridade, privacidade e a intimidade dos usuarios.

CartelMenoresNuevasTecn1.jpg