Curso de xestión de ANPA

A FANPA, despois de contactar coas ANPA da comarca e palpar as ganas e traballo que están a realizar, puxémonos en marcha para darlle un apoio a esta labor, e como o obxectivo da FANPA non é outro que asesorar, formar e informar aos seus socios comezamos por esta comarca o percorrido formativo.

Empezamos polo básico, pero que nunca debemos esquecer en canto a obrigas, dereitos, necesidades… das ANPA; tamén imos dar unha visión da LOMCE.

Para que isto resulte, precisamos da vosa participación, son as preguntas e as vosas inquedanzas o que nos move, para iso organizamos o curso de formación de ANPA que vai andar por toda a provincia, pero que empeza a súa andaina aquí, na comarca do Deza.

Día:7 de xuño

Hora: ás 10.00 h

Lugar:CEIP Xesús Golmar (entrada pola antiga entrada principal).Rúa memorias dun neno labrego Nº 9

Programa:

1- Obrigas das ANPA con respecto á lexislación vixente

2-RC: extraescolares, comedores

3-PXA; RRI;CURRICULUM…

4- A LOMCE, arma de destrución masiva

Para facilitar a asistencia ó curso, a FANPA pon a disposición dos participantes o servizo de ludoteca para que deixedes os vosos fillos e fillas mentres estamos na xuntanza. Un profesional encargarase de atendelos na aula contigua ao curso.

Esperamos que sexa do voso interese. Agradecemos que confirmedes cantos ides participar e se ides facer uso do servizo de ludoteca.

Folla de inscrición

Saúdos.

A Xunta Directiva da FANPA

Fotos do curso

20140607_113807.jpg

20140607_113817.jpg