Escolas de verán 2013
ESCOLAS DE VERÁN 2013
As escolas de verán son un recurso educativo e lúdico que se desenvolve na época estival en centros educativos de Pontevedra. Organizado pola FANPA e o CONCELLO DE PONTEVEDRA.
Destinatarios: nenos de 3 a 12 anos.
DATAS DE REALIZACIÓN:
Meses de xullo e agosto de 2013.
Dividido en 4 quincenas as urbanas e 2 mensuais as rurais.
LUGARES DE REALIZACIÓN:
URBANAS: Campolongo, Manuel Vidal Portela, Marcos da Portela e Barcelos (inglés).
RURAIS: Cabanas, Pontesampaio, Vilaverde e Xeve.
HORARIO:
De luns a venres (excepto festivos) de 9:00 a 14:00 horas.
MODALIDADES:
Escolas urbanas: 3 temáticas e 1 en lingua inglesa.Escolas rurais: 4 temáticas.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (se hai un número mínimo de usuarios):
Servizo Madruga: de 7:30 a 9:00 horas (con ou sen almorzo)
Servizo de comedor: de 14:00 a 16:00 horas.
Servizo esporádico de Madruga e Comedor. (chamando o día anterior en horario de mañán ós números 685535202 Madruga/ 607634413 Comedor).
O servizo de comedor e madruga só se dará na ludoteca de Campolongo.
PREZOS:
Escolas urbanas 30 euros por quincena.
Escolas rurais 20 euros por me.s
Familias numerosas/ monoparentais/ 2 proxenitores en desemprego 20 euros as urbanas e 15 euros as rurais.
Prezo comedor 42 euros/quincena, madruga sen almorzó 22 euros/quincena, con almorzó 28 euros/quincena. Esporádicos comedor 7,5 euros/día, esporadicos madruga: 2,50 sen almorzo/dia, 3,15 con almorzo/día.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse na sede da FANPA (R/ Alfonso XIII Nº7), do 20 ó 27 de maio en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben enviando toda a información por correo electrónico á dirección actividades@nontedurmas.org
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
No caso de que a demanda sexa superios ás prazas existentes farase unha baremación cos seguintes criterios:
Situación escolar: colexio público do concello de Pontevedra 4 puntos
Situación socio-familiar: familia numerosa 4 puntos, familia monoparental 4 puntos.
Situación laboral: Familia monoparental co proxenitor en situación laboral activa 8 puntos, familia cos dous proxenitores en activo 8 puntos, familia onde só un proxenitor esté en situación laboral activa 4 puntos.
DOCUMENTACIÓN:
- Copia DNI do neno/a ou libro de familia.
- Fotocopia tarxeta sanitaria.
- Copia DNI pai/nai ou titor
- Acreditación familia numerosa
- Acreditación familia monoparental
- Documento acreditativo de onde cursa estudios o neno/a.
- Vida laboral ou fotocopia do encabezamento da derradeira nómina.
FORMALIZACIÓN DA PRAZA:
O día 29 de maio publicarase a listaxe de admitidos na páxina web da FANPA (nontedurmas.org).
Os admitidos realizarán o ingreso no número de conta 2080 5046 20 3040025538 poñendo como concepto o nome do neno/a e “ludotecas verán”.
Os usuarios de comedor farán o ingreso do custe do servizo no número de conta:01820999880208517460
Os usuarios de madruga ferán o ingreso na conta nº: 20805480963044115901
Unha vez realizado o ingreso entregarán o xustificante de pago mediante correo electrónico (actividades@nontedurmas.org) ou unas oficinas da FANPA.
Sendo o prazo de matriculación ESCOLAS DE VERÁN 2013
CIRCULAR INFORMATIVA PARA OS PAIS/NAIS