PONTENCIENCIA: FEIRA DA MINICIENCIA

O Concello de Pontevedra e a Universide de Vigo, a través dunha subvención concedida pola Fundación española para la ciencia y la tecnología, realizan Pontenciencia: Feira da miniciencia, cuxo obxectivo principal é a realización dunha feira da ciencia dirixida a escolares de educación primaria.

Unha das categorías de participación da Feira, a realizar no mes de maio, é Ciencia en familia,  na que os nenos/as de primeiro a sexto de primaria que o desexen, xunto cos seus familiares – pais, nais, titores/as, avós, avoas,…- poderán presentar os seus proxectos en stands da feira e tamén participar na fase de concurso do Premio Pontenciencia.

As bases de participación no concurso recollerán as características valoradas, tales como a orixinalidade do proxecto, metodoloxía realizada, presentación de resultados, etc. Entregaranse diplomas de participación a todos os participantes e cheques regalo en equipación escolar: roupa, librería,… para os proxectos seleccionados polo xurado.

As familias que desexen participar no proxecto terán un Obradoiro de investigación  no que se explicará como participar e realizar unha investigación en temáticas como ciencia, educación, deporte, fisioterapia, belas artes, bioloxía, filoloxía, línguaxe…. Tamén, os que o desexen, se lles subministrarán propostas de investigación realizadas polo comité científico do proxecto e recibirán  o asesoramento preciso.

Celebración dos obradoiros individuais poden elexir a sesión entre as seguintes datas

Datas: Luns 20 ou Mércores 29 de xaneiro ou ben o sábado 1 de febreiro

Hora: sesións de tarde salvo o sábado que será de mañá

Lugar: Sede da FANPA

 

Para realizar as consultas que precisen ou participar, deben inscribirse por correo electrónico indicando un nome e número de teléfono en actividades@nontedurmas.org e confirmar a asistencia ao obradoiro

Carta informativa