En clave de conto

En clave de conto

 

 

OQO / En clave de conto

En clave de conto mestura música, literatura e ilustración para educar a ollada e o oído a través de propostas innovadoras e transmitir o amor pola música e a nosa lingua.

Por unha banda, os obradoiros Eu falo así parten da canción “Cri-cri”, do disco A nena e o grilo, para identificar as distintas linguas nas que se canta o tema (inglés, francés, portugués, castelán, éuscaro…) e o seu idioma principal, o galego. Por outro lado, músicos, cantantes e actores de recoñecido prestixio participan no concerto-espectáculo A nena e o grilo, que amosa como a trama argumental dun conto pode ser representada e enriquecida desde o plano sonoro e lingüístico.

Dirixido a escolares de infantil e primaria e público xeral, cada asistente será agasallado cun exemplar do libro-CD que inspira as actividades.

Dos 5 aos 8 anos.

Datas en Pontevedra:

  • 29/01/2011: na Estrada, no Teatro Principal, ás 12:00 horas
  • 04/02/2011: na Estrada, na Biblioteca municipal, ás 18:00 horas
  • 19/02/2011: en Gondomar, no Auditorio municipal, ás 12:00 horas
  • 25/02/2011: en Gondomar, no Auditorio municipal, ás 18:00 horas  

Fonte: Xunta de Galicia