Curso de “Formación de Formadores”

FANPA-PONTEVEDRA realizará este curso o vindeiro sábado 12 de decembro de 2009, en horario de 9:00 a 14:00 hrs e de 15:00 a 18:00 hrs, para as súas ANPA federadas. Poderá asistir unha persoa por ANPA, ata un límite de 20 persoas, para iso terán que enviarnos o nome completo e un teléfono aos contactos habituais. E comprometerse a comunicarnos calquera cambio ou improvisto que puidera sucederlles, para que outra persoa puidera ocupar esa praza.

O obxectivo é aportar instrumentos e coñecementos para que os pais/nais que asistan poidan formar a outros pais/nais;inclúe como diseñar sesión, técnicas grupais,dinámicas, habilidades para falar en público…

Programa

programa-definitivo.doc