Solicitude e ficha de inscrición para comedor e madruga no curso 2017-2018

Xa se pode efectuar a solicitude de alta para o curso 2017-18 dos servizos complementarios de comedor e madruga. Para iso, coma en anos anteriores, deberá remitir a ficha cuberta integramente a Arume por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo info@arumeservicios.gal

Lea atentamente as condicións de servizo no PDF anexo xa que hai pequenas novidades que se deben coñecer antes de expresar a conformidade cos regulamentos de comedor.

1. Modalidades de contratación dos servizos:

a. Fixa: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, segundo a táboa de prezos especificada de seguido, e calculadas a partir do número de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.

b. Calendario de días ou quenda laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos, antes do día 25 de cada mes, dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.

c. Esporádica: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.

2. Contacto

O teléfono que ARUME ten a disposición dos usuarios é o 607 634 413. O horario de atención é de luns a xoves de 10.00h a 14.00h y de 15.00h a 18.00h, os venres só en horario de mañá. No verán (do 01/07 ao 31/08) só en horario de mañá. En ningún caso se atenderán SMS. Por outra banda, tamén pode contactarnos no noso novo correo electrónico info@arumeservicios.gal.

3. Altas, baixas e modificacións

A petición de alta, baixa ou modificación do servizo (incluíndo o Calendario de días) deberá comunicárnola antes do 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. Estas comunicacións NUNCA deberán realizarse a través dos monitores/as. Debe contactarnos no teléfono, fax ou email antes mencionados.

Descargar a ficha para cubrila

Ficha_inscricion_comedor-madruga_FANPA_2017-2018