Conta comigo 2018

É un programa de vivencias en familia, lecer e tempo libre dirixido ás familias do concello de Pontevedra. O obxectivo é favorecer a participación familiar en actividades e que compartan xuntos experiencias e diversión.

PREZOS POR FAMILIA E ACTIVIDADE (ata 5 membros):
– Socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: 20€
– Non socios/as de ANPA federada na FANPA: 30€
– Privados, concertados e demáis casos: 50€

PRAZOS DE INSCRICIÓN para o programa “Conta comigo”:
– Do 11 ao 17 de xaneiro: para os socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA.
– Do 18 ao 19 de xaneiro: para o resto.

A inscrición e o pago faranse no local da FANPA (rúa Xan Guillermo, núm. 9), en horario de 9:30 a 13:30 horas. O pago será en efectivo.
Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente.

DOCUMENTACIÓN:
– Ficha totalmente cuberta.
– Fotocopia do documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.
– Documento que acredite onde estuda o neno/a (só para os non socios/as).

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de inscrición. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade, devolverase o importe íntegro na oficina da FANPA.

Actividades (Inscrición do 11 ao 17 de xaneiro para socios de Pontevedra e desde o 18 ata o 19 para os demais)

NOTA: (12/01/2018)

O número de conta bancaria para facer a transferencia bancaria tanto para as actividades de Conta comigo como as de Aventuras e Vivencia en Familia é  o

ES57 2080 5403 4030 4010 2986

NOTA: (12/01/2018)

  • Neste momento xa non quedan prazas para Ioga en horario de 12 a 13 horas
  • Neste momento xa non quedan prazas para Patinaxe – Perfeccionamento

NOTA: (11/01/2018)

  • Neste momento xa non quedan prazas para a actividade de Zumba
  • Neste momento xa non quedan prazas para a actividade de Pilates

Ficha de inscrición en “Actividades”

 

Vivencias_2018_modificado

 

=============================================================================

Aventuras e vivencias (Inscrición desde o 15 de xaneiro ata o 28 de febreiro)

Podedes inscribirvos ben na sede da FANPA ou por correo electrónico (actividades@nontedurmas.org)

Nota: por un erro de impresión, corriximos o prezo que está mal no folleto: Pallozas do Arenteiro custa 10 € para socios e 18 € non socios.

Ficha de inscrición en “Vivencias e Aventuras”

 

4_5895491823836594858(1)

 

Comments:6

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*