NON TE DURMAS
04 de Outubro 2026
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow Prensa arrow Política Lingüística financiará a actualización dos fondos bibibliográficos dos centros públicos
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 
Política Lingüística financiará a actualización dos fondos bibibliográficos dos centros públicos PDF Imprimir E-mail
Así o acordou Política Lingüística cos representantes da Asociación Galega de Editores, hoxe en Santiago de Compostela.

Image A Secretaría Xeral de Política Lingüística vai financiar a actualización dos fondos bibliográficos dos departamentos de galego dos centros de ensino públicos existentes en Galicia e dos centros de estudos galegos que existen en 42 universidades de fóra do territorio de Galicia.Así o acordou hoxe a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, cos representantes da Asociación Galega de Editores, no marco dunha xuntanza que tivo lugar hoxe en Santiago de Compostela. Os editores encargaranse de elaborar e distribuír os novos materiais, entre os que se incluirán títulos de literatura infantil e xuvenil.

Este acordo xorde da primeira xuntanza celebrada entre a secretaria xeral de Política Lingüística e os representantes dos editores galegos. Marisol López destacou que «é fundamental a colaboración cos editores para afondar no apoio á lingua, e nesta primeira reunión houbo unha sintonía total».

Pola súa banda, o presidente dos editores galegos, Miguel Anxo Fernán Vello, explicou que con esta toma de contacto «queda desbloqueada a relación entre a asociación e o departamento de Política Lingüística, o que abre novas perspectivas para traballar en común a prol da normalización da lingua».

A actualización dos libros farase adaptando títulos xa existentes á normativa do galego aprobada en 2003 e tamén coa distribución de novos materiais, que se irán concretando en vindeiras reunións.

Por outra banda, na xuntanza estudouse a posibilidade de materializar novas vías de colaboración entre a Administración autonómica e os editores, de xeito que estes se involucren na elaboración de material escolar de apoio e para o ensino non regrado de lingua galega. Nesta e noutras iniciativas relativas á edición en galego vaise afondar nunha vindeira xuntanza, que se celebrará o 28 de decembro.
< Anterior   Seguinte >
 
Instantaneas
Unha escola  e unha sociedade onde todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades de recibir un ensino de calidade.
Unha escola  e unha sociedade  onde se aprenda a convivir  e se respecten e valoren as diferenzas.
Axenda federación
Octubre 2026
L M X J V S D
2829301 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1
Imagen
009.jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra