NON TE DURMAS
06 de February 2012
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow Actividades
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 



GALICIA ATA 1975 PDF Imprimir E-mail

Para a Fundación Caixa Galicia de Pontevedra supón un pracer convídalo a inauguración de exposición Galicia ata 1975, una mostra que se enmarca nunha serie de exposicións que dende o presente 2009 até o ano 2011 itinerarán por toda Galicia. As obras que as conforman pertencen aos fondos da Colección Caixa Galicia.

Galicia ata 1975 nos acompañará en Pontevedra dende o día 22 de outubro de 2009 até o 30 de marzo de 2010. O seu comisario Fernando Huici proponnos unha revisión dos fondos da Colección Caixa Galicia, coa que se perciben as principais viraxes da plástica galega ao longo de máis dun século de historia, desde o XIX ata 1975, a mostra introdúcenos no desenvolvemento da arte galega contemporánea a través de varios eixes, nos que se encadran Manuel Abelenda, Picasso, Castelao, Maside, Colmeiro, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo, Eugenio Fernández Granell, Nóvoa, Jorge Castillo ou Xaime Quessada, entre moitos outros.

Veñán e desfrutes da festa da cor e do lenzo e agasallennos coa súa compañía.

Programa nacional de formación viaria para mozos e mozas. PDF Imprimir E-mail
Fomentar actitudes e condutas seguras respecto dos sistemas de autoprotección no vehículo e o uso do automóbil baixo criterios de sustentabilidade
CAMPAÑA DE FORMACIÓN: Trátase dun programa de acción itinerante realizado desde RACE en colaboración coas Administracións Públicas, situándose as instalacións en lugares representativos de cada cidade.

Máis información
PLAYING IN ENGLISH 2009/10 NOS COLEXIOS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA PDF Imprimir E-mail

Dende FANPA-PONTEVEDRA traballamos un ano máis para poder ofrecerlles actividades alternativas e formativas aos seus fillos/fillas, é un dos nosos obxectivos contribuír na mellora da educación, polo cal queremos presentarlles a actividade  “Playing in English”, un programa de cultura inglesa oral, como complemento ao inglés que xa teñen nos colexios para este curso 2009/10, despois da grande aceptación que tivo no curso pasado.

Dende a Federación somos conscientes da importancia de que os nosos fillos e fillas comecen na aprendizaxe da lingua inglesa dende pequeniños, sobre todo en canto se refire aos aspectos da comprensión e expresión, pola que a citada actividade funcionará como novidade este ano para o segundo ciclo de educación infantil.

As clases serán impartidas por  KITH ENGLISH INSTITUTE, que ten esta especialidade dende hai máis de 25 anos en España, conta con  moita experiencia, amosando no seu traballo cotiá seriedade e responsabilidade.

Os horarios para o curso 2009/10 será o seguinte:

Luns e mércores, en horario de 16:30 a 18:30 hrs ( Educación Primaria) no CEIP CAMPOLONGO

Luns, martes, mércores e xoves de 16:30 a 18:30 hrs (Educación Infantil e Primaria) no CEIP FROEBEL

O CUSTO SERÁ DE 29 € MENSUAIS PARA SOCIOS/AS DA ANPA E 30 € PARA OS NON SOCIOS, QUE PAGARÁN POR DOMICILIACIÓN BANCARIA

As clases terán duración dunha hora, os grupos serán como máximo de 15 alumnos/as, que irán agrupados por idades e cursos. Cabe destacar que todos os alumnos/as do ano pasado teñen praza reservada para este curso, pero teñen que chamar ao Kith para facer a renovación automática, o que si puideran sufrir variacións son os horarios e os grupos, dependendo das matrículas.

O programa basease nunha aprendizaxe natural da lingua, en grupos reducidos, con uniformidade lingüística, profesorado especializado e clases con dinámica de conversa. As mesmas refórzanse con materiais audiovisuais, cancións, xogos, DVD´s, etc… intentando non recarga-lo alumno, senón exporlle a aprendizaxe coma un xogo noutro idioma. 

Este Instituto é un centro examinador oficial do Trinity College London, e por conseguinte terán a posibilidade de prepararse e examinarse para esta prestixiosa titulación.

Queremos invitalos a unha charla informativa, que terá lugar no Salón de Actos da Obra Social de Caixanova , na rúa Augusto González Besada de Pontevedra o vindeiro  mércores 30 de setembro as 20.30h. As familias interesadas, recibirán as follas de matrícula e toda a información que precisen.

A matrícula será o xoves día 1 e o venres 2 de outubro en FANPA-PONTEVEDRA.

AVISO: QUEDAN PRAZAS BALEIRAS E O INICIO DA ACTIVIDADE SERÁ NA SEMANA DO LUNS 2 DE NOVEMBRO, O COMEZO DOS GRUPOS SERÁ EN FUNCIÓN DOS DÍAS QUE TEÑAN CLASE.

Mobilízate pola selva PDF Imprimir E-mail

Caixa Galicia e o CEIDA colaboran co Instituto Jane Goodall para promover a educación medioambiental

Caixa Galicia, a través da súa Obra Social, e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia –CEIDA– han colaborar co Instituto Jane Goodall para protexer o medio e promover a educación medioambiental. O CEIDA e Caixa Galicia toman, deste xeito, o sinal lanzado por Jane Goodall na súa última visita a Galicia cando insistiu na importancia das decisións individuais para protexer o medio e na necesidade dunha educación medioambiental participativa para conseguir que a cultura medioambiental cambie.

O programa, que foi presentado o 14 de setembro polo director do CEIDA, o director da Obra Social de Caixa Galicia e pola directora do centro de recuperación de Chimpancés de Tchimpounga, materializarase a través da execución da campaña MOBILízate pola selva, baseada na reciclaxe de móbiles, que CEIDA e Caixa Galicia han recoller en diferentes centros de toda Galicia de forma gratuíta.

A contribución de CEIDA e Caixa Galicia neste proxecto recolle tamén a implantación en Galicia doutras iniciativas de educación dirixidas a nenos e mozos como Roots and Shoots, para o respecto polos seres vivos e a paz, Biodiverciudad para o coñecemento e protección da fauna e a flora urbana, Mundo escuela, que ten como obxectivo a sensibilización e educación na diversidade étnica e cultural e Ecoviajeros, programa de ecoturismo responsable.

Máis información do campaña
Folleto
ACTIVIDADES DA FUNDACIÓN CAIXAGALICIA DE PONTEVEDRA PDF Imprimir E-mail

Dirixido a centros de ensino, asociacións de todo tipo e campamentos de verán, o Servicio Educativo da Fundación elaborou un completo programa didáctico para todas as idades. A través del aprenderemos a ver pintura, a apreciar a luz e o máis importante, convertirémonos en impresionistas por un día.

Poden facer as reservas para as visitas guiadas e os talleres no 986 86 46 12.

Máis información
2ª Edición de Mesturanzas PDF Imprimir E-mail

Dende a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA), e en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra poñémonos en contacto con vós para informarvos da posta en marcha da SEGUNDA EDICIÓN DO PROGRAMA DE LECER E TEMPO LIBRE MESTURANZAS dirixido a familias dos colexios públicos de Pontevedra.

 Con este Programa pretendemos dar unha alternativa de ocupación  activa do lecer,  favorecendo  a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que podedes compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

·       Obradoiro de Cociña saudable para pais /nais

Sábados: 25 abril - 9, 16, 23, 30 maio - 6, 13, 20 xuño - Horario: 10:30 a 12:00 h

No comedor do CEP Xunqueira 2

Fixemos estas deliciosas receitas entre outras moitas

Image

Image


·       Obradoiro de cociña creativa para nenos/as

Sábados: 25 abril - 9, 16, 23, 30 maio - 6, 13, 20 xuño

Grupo 1: 4 a 7 anos -  Grupo 2: 8 a 13 anos - Horario: 10:30 a 12:00 h

No comedor do CEP Xunqueira 2

·       Patinaxe en familia

Grupo venres: 24 abril - 8, 15,22,29 maio - 5,12,19 xuño-Horario: 17:00 a 18:30 h nas Pistas deportivas do CEIP Campolongo

Grupo sábado: 25 abril - 9,16, 23, 30 maio - 6,13,19 xuño - Horario: 17:00 a 18:30 h nas Pistas deportivas do CEIP Campolongo

·       Xadrez en familia

Sábados: 25 abril -  9, 16, 23, 30 maio - 6, 13, 20 xuño - Horario: 11:00 a 12:30 h

No CEIP Froebel, rúa Afonso XIII

·       Sendeirismo e Tempo Libre en familia

Sábados: 25 abril -  9, 16, 23, 30 maio - 6, 13, 20 xuño - Horario: 10:00 a 13:00 h

Punto de encontro: Local FANPA, rúa Afonso XIII, nº 7

Rutas

·       Artes plásticas para nenos/as

Venres:   24 abril -  8, 15, 22, 29 maio - 5, 12, 19 xuño

Grupo 1:  4 a 7 anos  -  Grupo 2: 8 a 13 anos - Horario: 17:00 a 18:30 h

No aula de artes plásticas do CEIP Campolongo          

INSCRICIÓNS:

Prazas limitadas, gratuítas para socios das ANPA e 5 € para os non socios.

FANPA Pontevedra, rúa Afonso XIII, nº 7, 3º -  986 84 34 12

info@nontedurmas.org           Web: www.nontedurmas.org

ANIAS: Rúa Echegaray, nº 39, baixo   986 864 598

Folla de inscrición

EDUCAMERCADO PDF Imprimir E-mail

                                                                                                                                                   

Dende a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) e en colaboración coas Concellarías de Educación e Promoción Económica do Concello de Pontevedra estamos a promocionar unha interesante iniciativa "EducaMercado" cos escolares do centros públicos do concello de Pontevedra.

O proxecto EducaMercado artéllase entorno a un percorrido polo Mercado de Abastos de Pontevedra e un obradoiro de alimentación e hábitos saudables. A finalidade desta proposta é a de contribuír ao fomento, entre os máis pequenos, dunha educación nutricional óptima e baseada nunha dieta equilibrada e sa, mediante o consumo de produtos frescos e de calidade, ademais de achegar e por en valor as instalacións e a actividade comercial que se vén desenvolvendo neste espazo.

Nos obradoiros de alimentación e hábitos saudables os nenos terán a posibilidade de acadar os coñecementos básicos para saber ler e interpretar o etiquetado dun produto, a elaboración da lista da compra, descubrir a variedade de alimentos frescos e a súa temporalidade e analizar os resultados da compra desde o punto de vista da saúde, a nutrición e a seguridade alimentaria. 

A proposta da visita ao mercado vai acompañada dunha serie de fichas didácticas para ilustrar os pasos previos e posteriores á mesma e para que os rapaces fagan o maior aproveitamento posible dos contidos da actividade.

As visitas escolares diríxense a alumnos e alumnas de Educación Primaria, nas que poderán participar ata 80 alumnos por sesión en dúas quendas, de 9:30 a 10:50 horas e de 11:10 a 12:30 horas, ata un máximo de 160 alumnos/as por centro, distribuídos en dúas sesións.

As visitas realizaranse os martes e xoves nas seguintes datas:

Abril: 21,23,28,30

Maio: 5,7,12,14,19,21,26,28

Setembro: 22,24,29

Outubro: 1,6,8,13,15,20,22,27,29

Novembro: 3,5,10,12

Con esta iniciativa, tanto a Federación de ANPA como as Concellarías de Educación e Promoción económica do Concello queren poñer de manifesto a súa aposta polo papel do Mercado de Abastos de Pontevedra como promotor dunha alimentación saudable, e como transmisor dunha tradición comercial que perdura a través do tempo.

PRENSA "Educamercado no CEP A XUNQUEIRA 2"

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/03/11/0003_7582004.htm

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/03/13/0003_7587403.htm

Ler máis...
O BANCO DO TEMPO NA COMARCA DE PONTEVEDRA PDF Imprimir E-mail
A ADR continúa coa estratexia de comunicación da posta en marcha do primeiro Banco de Tempo da Comarca de Pontevedra, de xeito que se afronte a organización do tempo dos/as cidadáns/ás con criterios de sostibilidade, en especial das mulleres en consonancia co TÍTULO VI da Lei 2/2007 do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.

O Banco de Tempo
é unha rede de colaboración entre particulares, intercambiándose servizos entre os/as seus participantes, tendo como unidade de cambio a hora de tempo e sen ningunha prestación económica entre os/as participantes. É un xeito de participación social da cidadanía baseado nos principios de reciprocidade, confianza e axuda mútua. Desta forma o Banco de Tempo contribúe a crear vínculos sociais entre a poboación dunha mesma comunidade e fomenta a integración da mesma na medida en que toda a comunidade pode acceder aos mesmos servizos.
A posibilidade de conciliar vida familiar, laboral e persoal, está directamente relacionada coa administración e usos do tempo, tendo presente o tempo coma recurso para o desenvolvemento persoal e para a calidade de vida.

Calquer persoa maior de idade pode participar no Banco de Tempo, previa inscrición (gratuíta) na Secretaría do Banco de Tempo (localizada na ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra, Rúa Santa Clara 4 – 2º, 36.002 Pontevedra, Tlf: 986 10.81.44, enderezo electrónico: bancodetempo@mundo-r.com, e Sitio web: www.adrproderpontevedra.org

Entre os intercambios que, a priori parecen máis propicios, pódense destacar a Formación e educación, Asesoramento/orientación, Atención ás persoas, o Coidado do corpo e da saúde, as Tarefas domésticas, Informática ou o Transporte entre outros; por exemplo:


                                                       
                                                        

“Xoán leva a traballar a María no seu coche”
“María acompaña a Facundo a buscar as receitas ao médico de cabeceira”
“Facundo cóntalle contos a filla pequena de Luís ao saires da escola”
“Luís ensina a Pedro a facer as labores do fogar”
“Pedro ensina a Hortensia a navegar pola rede”
“Hortensia ensina a Cristina a mercar peixe no mercado"
ESGRIMA-ESCOLA HUNGARESA PDF Imprimir E-mail

FANPA PONTEVEDRA no seu apoio ó deporte presenta neste curso 2008/09 a oferta da Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra.Este clube nace co propósito de introducir e fomentar a práctica da esgrima en Pontevedra, abarcando todos os niveis e categorías: Desde a esgrima de base á de competición, pasando pola esgrima lúdica. Indicada para nenos/as e adultos.

A sala de adestramento do Club Escola Hungaresa de Esgrima está ubicada nas instalacións deportivas do Centro de Educación Permanente de Adultos (antiga Escola de Maxisterio), na Av. De Bos Aires nº 26, en Pontevedra.

HORARIOS DA TEMPADA 2008-2009:O horario de actividades distribúese en función das distintas categorías deportivas:

a) Categoría M-12:

A categoría M-12 corresponde a tiradores entre os 8 e os 12 anos. O horario de actividades para os tiradores que pertenzan á categoría M-12 é o seguinte:

Martes 

Mércores

Xoves

Venres 

 18:00 – 19:00

18:00 – 19:00

 18:00 – 19:00

 18:00 – 19:00

b) Categorías M-15 e M-17

As categorías M-15 e M-17 corresponden a tiradores entre os 13 e os 17 anos.                                                                                                                       O horario de actividades para os tiradores que pertenzan ás categorías M-15 e M-17 é o seguinte:

Luns

Martes 

Mércores

Xoves

Venres 

 19:00 - 20:00

 19:00 - 20:00

 19:00 - 20:00

 19:00 - 20:00

 19:00 - 21:00

 

c) Categoría Absoluta:

A categoría absoluta corresponde a tiradores maiores de 18 anos.   O horario de actividades para os tiradores que pertenzan á categoría absoluta é o seguinte;

Luns

Martes 

Mércores

Xoves

Venres 

 20:30 - 21:30

 20:30 - 21:30

 20:30 - 21:30

 20:30 - 21:30

 19:00 - 21:00

COTAS DE SOCI@:

As cotas d@s soci@s da Escola Hungaresa son de carácter mensual e varían segundo a categoría á que pertenzan, establecéndose do seguinte xeito:

Categorías M-12, M-15 e M-17: 25 € / mes.

Categoría Absoluta: 35 € / mes.

A inscrición no Club faise efectiva co abono dunha matrícula de carácter anual, que varía segundo a categoría á que se pertenza, establecéndose do seguinte xeito:

Categorías M-12, M-15 e M-17: 25 € / ano.

Categoría Absoluta: 35 € / ano.

O abono da matrícula anual proporciónalle ao socio a alta da licencia federativa na Federación Galega de Esgrima e a cobertura médica da Mutua Xeral Deportiva, en caso de lesión, nos centros e médicos concertados coa mesma.

Máis  información en ; http://www.escolahungaresa.com/


ACTIVIDADE DE INGLÉS "PLAYING IN ENGLISH" PDF Imprimir E-mail

IMPORTANTE:

20/1/09 COMUNICAMOS QUE O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP CAMPOLONGO APROBOU CEDER DÚAS AULAS A FANPA PONTEVEDRA PARA OS NOVOS GRUPOS DA ACTIVIDADE "PLAYING IN ENGLISH".DAMOS AS GRAZAS A SÚA COMUNIDADE EDUCATIVA
RECORDAMOS A TODOS OS PAIS/NAIS QUE QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES

PARA INSCRIBIRSE: NA OFICINA DE FANPA PONTEVEDRA (ALFONSO XIII,N.º 7,3º ANDAR), POR TELÉFONO 986 84 34 12 e no Kith Institute 609 54 42 41( de 11:30 a 13:30)

Este escrito resume os aspectos máis importantes do curso e lles permitirá tamén efectuar a matriculación do alumno.

ASPECTOS PEDAGÓXICOS

As clases son impartidas con dinámica de conversa, buscando por un camiño natural a aprendizaxe do idioma, sen traduccións e sen tarefas para a casa co fin de non recarga-los actuais estudos dos alumnos.

Profesorado especializado, asesorado e supervisado polo departamento pedagóxico do Instituto que complementa as clases con vídeo, contos, xogos, cancións, etc.

O Departamento Pedagóxico realiza unha supervisión dos grupos co obxeto de verifica-lo  adecuado avance dos alumnos, e trimestralmente notifica aos pais e nais por escrito dos resultados alcanzados polo alumno.

CALENDARIO E HORARIOS

A duración do curso coincidirá co calendario escolar do centro; programaránse 8 horas de clase ó mes (salvo causas axenas: festivos, folgas, etc...) cun promedio de 12 alumnos por clase e un máximo de 15. ESTE PRIMER CURSO AS CLASES SERÁN DE FEBREIRO A XUÑO.

Os horarios posibles son: LUNS/MÉRCORES E MARTES E XOVES

A.- 16:00 A 17:00.                        B.- 17:00 A 18:00

PLANS DE PAGO

 

CUOTAS. A cuota mensual por 8 horas de clase será de 30 Euros.Neste curso pasaranse o cobro  5 RECIBOS, DE FEBREIRO A XUÑO ambos inclusive, ,a non ser que se notifique a baixa do alumno antes de remata-lo mes. Os socios das ANPA dos colexios teñen un desconto (subvencionado pola FANPA PONTEVEDRA), é dicir, a sua cuota será de 25 €

Estas cuotas corresponden ó curso 08/09. O Instituto reaxusta as cuotas no mes de Outubro, polo cal o reaxuste  será en Outubro do 2009 (Curso escolar 2009/10)

Por problemas informáticos non podemos colgar a folla de matrícula para descargala,desculpen as molestias que lle poidan ocasionar


<< Comezar < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 30 de 35
 
Instantaneas

Esta páxina ofrécese como plataforma para todos aqueles que se preocupan pola educación dos nenos. E non queren quedarse durmidos.

Internet dános a posibilidade de que participedes nela. Todo importa, cousas interesantes, problemas, actividades no voso colexio... envíanolo e publicámolo.

Axenda federación
Febrero 2012
L M X J V S D
30311 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
Imagen
todoseduca.jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra