|
|
|
|
A Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística actualiza a súa guía sobre a planificación da normalización lingüística nos centros educativos.
O obxectivo desta guía, pola que deberán orientarse as programacións dos centros para a aplicación do Decreto 124/2007, pretente en palabras da conselleira de Educación, dona Laura Sánchez Piñón :
- Dar a coñecer o novo marco lexislativo que acaba de elaborarse para potenciar o uso do galego e "facilitarlles aos centros educativos o apoio técnico necesario para conseguir este obxectivo"
- que a guía sexa "un referente para a elaboración das dúas ferramentas claves na mellora da situación da lingua galega: a Planificación sociolingüística do centro (PSC) e o Proxecto lingüístico do centro (PLC).
Cómpre lembrar que o decreto ten unha aplicación progresiva e por iso a guía complétase cunha edición do propio decreto, tan manipulado como pouco coñecido e unha serie de datos xerais sobre o bilingüismo en Galicia así como un modelo de enquisa para as familias de forma que os centros poidan recoller os datos que faciliten a elaboración do seu PLC de forma conveniente e adaptada. |
|
Ler máis...
|
|
Máis alá de reflexións pedagóxicas (a aprendizaxe significativa), sociais (a escola e os estudantes non son un gueto abstracto nin illado) ou culturais (arraigamento cultural) que deberían ser os criterios fundamentais para valorar a calidade das políticas da Administración no sistema educativo hai quen interpreta as leis segundo lle convén pero o intérprete das leis son os tribunais.
A raíz da saída do Decreto 124/2007 do uso do galego na educación, hai quen considera que agora se atenta contra a liberdade de elección de lingua por parte dos pais, estudantes e mesmo profesores pero o feito é que a lingua (vehicular) da ensinanza foi algo que sempe estivo determinado pola Administración educativa, sempre o decidiu a Administración ...
Pero directamente ímonos preguntar estas cuestións
- É constitucional a ensinanza en galego? Hai máis liberdade no Pais Vasco ca en Galicia?
- É comparable o dereito á educación co "dereito á elección de lingua" na educación por parte dos educandos?
- O Decreto supón unha unha intromisión inaceptable nos usos lingüísticos dos cidadáns?
Tres citas da importante Sentenza 337/1994 do Tribunal Constitucional poden axudar a aclarar o contido do papel da Administración educativa e a extensión dos dereitos dos estudiantes en relación coa lingua no proceso educativo: |
|
Ler máis...
|
|
Esaxerando e manipulando non imos a ningunha parte. Aquí están uns datos oficiais do 2003
Este tipo de datos son importantes e claros. O novo Decreto de regulación das linguas na educación é moi semellante ao que xa leva en funcionamento 10 anos en Baleares, comunidade rica e turística por exemplo, sen maiores dificultades.
A aplicación do Decreto en Galicia tamén se prevé no texto como gradual. É dicir, que se implantará progresivamente alí onde non se está cumprindo xa ese mínimo do 50% en galego. Hai moitos centros en que, desde hai anos, se utiliza maioritariamente o galego como lingua vehicular, e tampouco se ten documentado ningún problema de garantía de adquisición do castelán. |
|
Ler máis...
|
|
 El autor analiza las situaciones de agresividad que se dan en ocasiones en los centros escolares y cree que es fundamental realizar un diagnóstico certero en cada caso y aplicar las soluciones a la raíz del problema, no meramente a la desaparición de los síntomas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Na constitución da Xunta Autonómica de Directores (un novo órgano dos profesores) interveu a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño, quen trasladou aos membros da Xunta o desenvolvemento lexislativo da LOE na Comunidade. Así, Pérez Mariño indicou que, neste momento, os distintos sectores da comunidade educativa están implicados na configuración dos deseños curriculares das materias de educación primaria e de secundaria obrigatoria. Ademais, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa destacou que, de acordo coa LOE, a Administración educativa autonómica está a traballar nun novo decreto que regule a admisión de alumnos nos centros educativos. |
|
Ler máis...
|
|
Este artículo nos sitúa ante la contradicción en la que se encuentra inmersa la educación:
vivimos en la sociedad del aprendizaje y la investigación y sin embargo no conseguimos que
esa enseñanza y aprendizaje alcancen su pleno desarrollo en el aula. Recuperar la pasión y
el interés en el aula es lo que los autores proponen mediante nueve pasos.
|
|
| | << Comezar < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
| | Resultados 1 - 10 de 24 |
|
|
|
|
Instantaneas |
|
Esta páxina ofrécese como plataforma para todos aqueles que se preocupan pola educación dos nenos. E non queren quedarse durmidos.
Internet dános a posibilidade de que participedes nela. Todo importa, cousas interesantes, problemas, actividades no voso colexio... envíanolo e publicámolo. |
|
|