Tal como anunciamos na Asemblea xeral do pasado sábado, día 7 deste mes, o web www.nontedurmas.org cambiará agora de cara para presentarse máis limpo e accesible.
Esta web é, a partir deste momento, a antiga web da Federación de Anpa de Centros Públicos da Provincia de Pontevedra, e só se mantén coa fin de servir como histórico de novas publicadas e/ou documentación.
Para estar informado das nosas actividades, noticias, etc... visite a web actual en
Ademais, tamén vos animamos a que se atopades problemas no uso cotián do nova web, nolos fagades saber achegando a descrición do problema a través do enderezo de correo info @ nontedurmas.org.
Tamén queremos indicar, que todos os contidos antigos os poderedes seguir atopando de xeito indefinido nesta mesma web e que se manterá como referencia histórica:
O VINDEIRO 21 DE NOVEMBRO TERÁ LUGAR UN CURSO PARA AS XUNTAS DIRECTIVAS DAS ANPA QUE ESTÉN INTERESADAS.
SERÁ IMPARTIDO POR UNHA FORMADORA DE CEAPA (CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ASOCIACIÓNS DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS), PRETENDEMOS DESTA MANEIRA APOIAR O VOSO TRABALLO DESINTERESADO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
NESTE CURSO ATOPAREDES INFORMACIÓN SOBRE ASPECTOS IMPORTANTES DO FUNCIONAMENTO DA ANPA E DO CENTRO ESCOLAR; FUNCIÓNS,OBXECTIVOS, LEXISLACIÓN, PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES…..
O CITADO CURSO SERÁ EN PONTEVEDRA, EN HORARIO DE MAÑÁ E TARDE, A COMIDA ESTÁ INCLUIDA, ESTA´ LIMITADO A DOUS PARTICIPANTES POR ANPA.PODEDES REMITIRNOS AS VOSAS SOLICITUDES ADXUNTANDO OS NOMES DAS PERSOAS INTERESADAS XUNTO CUN TELÉFONO DE CONTACTO.
INFORMAREMOS DETALLADAMENTE NA ASEMBLEA DO 7 DE NOVEMBRO.
Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra, Rúa Augusto González Besada, o vindeiro 7 de novembro de 2009, ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10.00 horas en segunda, co seguinte:
ORDE DO DÍA
Renovación da Xunta Directiva de FANPA-PONTEVEDRA
Todos os interesados poderán presentar candidaturas ata dous días antes da citada asemblea.
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Convócase Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra, Rúa Augusto González Besada, o vindeiro 7 de novembro de 2009, ás 10:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:00 horas en segunda, co seguinte:
ORDE DO DÍA
1-Aprobación , se procede, da acta da asemblea anterior.
2-Informe de contas.
3-Informe da presidenta:
Incidencias inicio de curso 2009/10.
Actividades realizadas da FANPA ao longo deste curso.
Próximos proxectos :Cursos itinerantes de CEAPA sobre funcionamento das ANPA, formador de formadores e familia, concurso de fotografía…
4-Rolda aberta de intervencións.
Nota 1: Só terán voz e voto dous membros de cada ANPA, serán acreditados mediante certificado que se entregará o mesmo día.
Resolución do 29 de setembro de 2009 pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2009.
Esta resolución establece na súa sección primeira o procedemento para a concesión na Comunidade Autónoma de Galicia das axudas para a distribución de froitas frescas aos alumnos de centros escolares, de conformidade co previsto no artigo 103 octies bis do Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro, e no Regulamento (CE) nº 288/2009, da Comisión, do 7 de abril; e na súa sección segunda a convocatoria das ditas axudas para o ano 2009. Beneficiarios.
1. Poderán ser beneficiarios da axuda os alumnos que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:
a) Educación infantil.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria.
Solicitantes da axuda.
Os solicitantes da axuda serán os centros escolares que pertenzan aos niveis de ensino citados no artigo 2º que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
DOGA 5/10/2009 Resolución do 26 de outubro de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes de autorización para os centros escolares como solicitantes da axuda para a distribución de froitas frescas ao alumnado.
Mediante Resolución do 29 de setembro de 2009 (DOG nº 195, do 5 de outubro), o director do Fondo Galego de Garantía Agraria regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e efectúa a convocatoria das devanditas axudas para o ano 2009.
Tendo en conta que este exercicio é o primeiro en que se inicia o programa de apoio á distribución de froita nos centros escolares e que a solicitude de autorización como solicitante da axuda coincide coa realización doutras tarefas propias do inicio do curso escolar, considérase preciso ampliar o prazo de solicitude de autorización para os centros escolares previsto no artigo 6.1º da resolución citada ata o día 11 de novembro, e o prazo para a autorización previsto no artigo 6.3º ata o día 30 de novembro do ano 2009.
En consecuencia, co fin de lles facilitar aos centros escolares a presentación das solicitudes de autorización como solicitantes da axuda para a distribución de froitas frescas ao alumnado, e de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o director do Fondo Galego de Garantía Agraria, en virtude das compentencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
Artigo único.-Ampliar ata o día 11 de novembro de 2009 o prazo de solicitude de autorización para os centros escolares, e ata o día 30 de novembro o prazo para a autorización como solicitante da axuda, previstos nos artigos 6.1º e 6.3º, respectivamente, da Resolución do 29 de setembro de 2009 pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2009 (DOG nº 195, do 5 de outubro).
Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2009-2010.
Dende FANPA-PONTEVEDRA traballamos un ano máis para poder ofrecerlles actividades alternativas e formativas aos seus fillos/fillas, é un dos nosos obxectivos contribuír na mellora da educación, polo cal queremos presentarlles a actividade “Playing in English”, un programa de cultura inglesa oral, como complemento ao inglés que xa teñen nos colexios para este curso 2009/10, despois da grande aceptación que tivo no curso pasado.
Dende a Federación somos conscientes da importancia de que os nosos fillos e fillas comecen na aprendizaxe da lingua inglesa dende pequeniños, sobre todo en canto se refire aos aspectos da comprensión e expresión, pola que a citada actividade funcionará como novidade este ano para o segundo ciclo de educación infantil.
As clases serán impartidas por KITH ENGLISH INSTITUTE, que ten esta especialidade dende hai máis de 25 anos en España, conta con moita experiencia, amosando no seu traballo cotiá seriedade e responsabilidade.
Os horarios para o curso 2009/10 será o seguinte:
Luns e mércores, en horario de 16:30 a 18:30 hrs ( Educación Primaria) no CEIP CAMPOLONGO
Luns, martes, mércores e xoves de 16:30 a 18:30 hrs (Educación Infantil e Primaria) no CEIP FROEBEL
O CUSTO SERÁ DE 29 € MENSUAIS PARA SOCIOS/AS DA ANPA E 30 € PARA OS NON SOCIOS, QUE PAGARÁN POR DOMICILIACIÓN BANCARIA
As clases terán duración dunha hora, os grupos serán como máximo de 15 alumnos/as, que irán agrupados por idades e cursos. Cabe destacar que todos os alumnos/as do ano pasado teñen praza reservada para este curso, pero teñen que chamar ao Kith para facer a renovación automática, o que si puideran sufrir variacións son os horarios e os grupos, dependendo das matrículas.
O programa basease nunha aprendizaxe natural da lingua, en grupos reducidos, con uniformidade lingüística, profesorado especializado e clases con dinámica de conversa. As mesmas refórzanse con materiais audiovisuais, cancións, xogos, DVD´s, etc… intentando non recarga-lo alumno, senón exporlle a aprendizaxe coma un xogo noutro idioma.
Este Instituto é un centro examinador oficial do Trinity College London, e por conseguinte terán a posibilidade de prepararse e examinarse para esta prestixiosa titulación.
Queremos invitalos a unha charla informativa, que terá lugar no Salón de Actos da Obra Social de Caixanova , na rúa Augusto González Besada de Pontevedra o vindeiro mércores 30 de setembro as 20.30h. As familias interesadas, recibirán as follas de matrícula e toda a información que precisen.
A matrícula será o xoves día 1 e o venres 2 de outubro en FANPA-PONTEVEDRA.
AVISO: QUEDAN PRAZAS BALEIRAS E O INICIO DA ACTIVIDADE SERÁ NA SEMANA DO LUNS 2 DE NOVEMBRO, O COMEZO DOS GRUPOS SERÁ EN FUNCIÓN DOS DÍAS QUE TEÑAN CLASE.
Dende a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) e en colaboración coas Concellarías de Educación e Promoción Económica do Concello de Pontevedra estamos a promocionar unha interesante iniciativa "EducaMercado" cos escolares do centros públicos do concello de Pontevedra.
O proxecto EducaMercado artéllase entorno a un percorrido polo Mercado de Abastos de Pontevedra e un obradoiro de alimentación e hábitos saudables. A finalidade desta proposta é a de contribuír ao fomento, entre os máis pequenos, dunha educación nutricional óptima e baseada nunha dieta equilibrada e sa, mediante o consumo de produtos frescos e de calidade, ademais de achegar e por en valor as instalacións e a actividade comercial que se vén desenvolvendo neste espazo.
Nos obradoiros de alimentación e hábitos saudables os nenos terán a posibilidade de acadar os coñecementos básicos para saber ler e interpretar o etiquetado dun produto, a elaboración da lista da compra, descubrir a variedade de alimentos frescos e a súa temporalidade e analizar os resultados da compra desde o punto de vista da saúde, a nutrición e a seguridade alimentaria.
A proposta da visita ao mercado vai acompañada dunha serie de fichas didácticas para ilustrar os pasos previos e posteriores á mesma e para que os rapaces fagan o maior aproveitamento posible dos contidos da actividade.
As visitas escolares diríxense a alumnos e alumnas de Educación Primaria, nas que poderán participar ata 80 alumnos por sesión en dúas quendas, de 9:30 a 10:50 horas e de 11:10 a 12:30 horas, ata un máximo de 160 alumnos/as por centro, distribuídos en dúas sesións.
As visitas realizaranse os martes e xoves nas seguintes datas:
Abril: 21,23,28,30
Maio: 5,7,12,14,19,21,26,28
Setembro: 22,24,29
Outubro: 1,6,8,13,15,20,22,27,29
Novembro: 3,5,10,12
Con esta iniciativa, tanto a Federación de ANPA como as Concellarías de Educación e Promoción económica do Concello queren poñer de manifesto a súa aposta polo papel do Mercado de Abastos de Pontevedra como promotor dunha alimentación saudable, e como transmisor dunha tradición comercial que perdura a través do tempo.
Esta páxina ofrécese como plataforma para todos aqueles que se preocupan pola educación dos nenos. E non queren quedarse durmidos.
Internet dános a posibilidade de que participedes nela. Todo importa, cousas interesantes, problemas, actividades no voso colexio... envíanolo e publicámolo.