|
|
|
Nesta sección atópanse:
-Actividades programadas pola Federación e dirixidas aos socios das ANPA e ANPA dos colexios ou das súas directivas.
-Información sobre recursos, subvencións e contactos de interese para organizar as vosas actividades.
-Actividades programadas por institucións públicas que interese difundir entre os vosos asociados.
|
|
A TODAS AS ANPA FEDERADAS
O VINDEIRO 21 DE NOVEMBRO TERÁ LUGAR UN CURSO PARA AS XUNTAS DIRECTIVAS DAS ANPA QUE ESTÉN INTERESADAS.
SERÁ IMPARTIDO POR UNHA FORMADORA DE CEAPA (CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ASOCIACIÓNS DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS), PRETENDEMOS DESTA MANEIRA APOIAR O VOSO TRABALLO DESINTERESADO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
NESTE CURSO ATOPAREDES INFORMACIÓN SOBRE ASPECTOS IMPORTANTES DO FUNCIONAMENTO DA ANPA E DO CENTRO ESCOLAR; FUNCIÓNS,OBXECTIVOS, LEXISLACIÓN, PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES…..
O CITADO CURSO SERÁ EN PONTEVEDRA, EN HORARIO DE MAÑÁ E TARDE, A COMIDA ESTÁ INCLUIDA, ESTA´ LIMITADO A DOUS PARTICIPANTES POR ANPA.PODEDES REMITIRNOS AS VOSAS SOLICITUDES ADXUNTANDO OS NOMES DAS PERSOAS INTERESADAS XUNTO CUN TELÉFONO DE CONTACTO.
INFORMAREMOS DETALLADAMENTE NA ASEMBLEA DO 7 DE NOVEMBRO. |
|
Resolución do 29 de setembro de 2009 pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2009.
Esta resolución establece na súa sección primeira o procedemento para a concesión na Comunidade Autónoma de Galicia das axudas para a distribución de froitas frescas aos alumnos de centros escolares, de conformidade co previsto no artigo 103 octies bis do Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro, e no Regulamento (CE) nº 288/2009, da Comisión, do 7 de abril; e na súa sección segunda a convocatoria das ditas axudas para o ano 2009.
Beneficiarios.
1. Poderán ser beneficiarios da axuda os alumnos que asistan regularmente aos centros escolares administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes, que pertenzan aos seguintes niveis de ensino:
a) Educación infantil.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria.
Solicitantes da axuda.
Os solicitantes da axuda serán os centros escolares que pertenzan aos niveis de ensino citados no artigo 2º que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
DOGA 5/10/2009
Resolución do 26 de outubro de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes de autorización para os centros escolares como solicitantes da axuda para a distribución de froitas frescas ao alumnado.
Mediante Resolución do 29 de setembro de 2009 (DOG nº 195, do 5 de outubro), o director do Fondo Galego de Garantía Agraria regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e efectúa a convocatoria das devanditas axudas para o ano 2009.
Tendo en conta que este exercicio é o primeiro en que se inicia o programa de apoio á distribución de froita nos centros escolares e que a solicitude de autorización como solicitante da axuda coincide coa realización doutras tarefas propias do inicio do curso escolar, considérase preciso ampliar o prazo de solicitude de autorización para os centros escolares previsto no artigo 6.1º da resolución citada ata o día 11 de novembro, e o prazo para a autorización previsto no artigo 6.3º ata o día 30 de novembro do ano 2009.
En consecuencia, co fin de lles facilitar aos centros escolares a presentación das solicitudes de autorización como solicitantes da axuda para a distribución de froitas frescas ao alumnado, e de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o director do Fondo Galego de Garantía Agraria, en virtude das compentencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
Artigo único.-Ampliar ata o día 11 de novembro de 2009 o prazo de solicitude de autorización para os centros escolares, e ata o día 30 de novembro o prazo para a autorización como solicitante da axuda, previstos nos artigos 6.1º e 6.3º, respectivamente, da Resolución do 29 de setembro de 2009 pola que se regula o procedemento para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares e se convocan para o ano 2009 (DOG nº 195, do 5 de outubro).
|
| |
|
Orde do 10 de setembro de 2009 pola que se resolve a relación de concellos beneficiarios de subvencións para o cofinanciamento do Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo.
DOG 11/9/09
|
|
Subvencións para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva durante a tempada 2009/10.
Serán unha das beneficiarias as ANPA e as asociacións deportivas dos colexios públicos do rural do municipio.
Prazo de solicitude remata o vindeiro 8 de outubro.
Bases convocatoria
Formulario |
|
BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES
SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE DESENVOLVAN ACCIÓNS NO EIDO DA CULTURA NO ANO 2009.
1.—OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto regularo procedemento da concesión de subvencións en réxime
de libre concorrencia para fomentar as actividades promovan persoas físicas ou xurídicas, asociacións
e entidades sen fin de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello de
Pontevedra, dirixidas á poboación en xeral.
2.—BENEFICIARIOS/AS
Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria:
a) As persoas físicas ou xurídicas, asociacións e entidades validamente constituídas sen fin
de lucro, que teñan o seu domicilio social no concello de Pontevedra, realicen actividades
de interese municipal e se atopen debidamente inscritas no rexistro municipal de asociacións.
b) As persoas físicas ou xurídicas, entidades e asociacións sen finalidade de lucro, validamente
constituídas, aínda que non estean domiciliadas no concello de Pontevedra, que realicen
actividades de interese municipal dentro do concello ou en beneficio do mesmo.
Máis información BOP Nº 169 |
|
Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convoca e se regula a reposición do programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2009/2010.
Beneficiarios
Será beneficiario do programa todo o alumnado que curse 3º de educación primaria, 4º de educación primaria ou calquera dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o previsto no artigo terceiro desta orde.
A participación do alumnado no programa ten carácter voluntario. A aceptación da participación seguindo os compromisos adquiridos nesta convocatoria será asinada polo pai, nai ou titor/a do alumno/a seguindo o anexo V.
Terceiro.-Actuacións no curso escolar 2009/2010.
No curso escolar 2009/2010 levarase a cabo a reposición por incremento do alumnado ou por deterioración dos libros de texto en 3º e 4º de educación primaria e nos catro cursos de educación secundaria obrigatoria.
Cuarto.-Adhesión ao programa.
Todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ou vaian impartir 3ºde educación primaria, 4º de educación primaria e/ou calquera dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria no curso escolar 2009/2010 enténdense adheridos ao programa. |
|
Ler máis...
|
|
|
O prazo para a presentación da solicitude estará aberto do 1 ao 30 de setembro.
O Consello da Xunta aproba a convocatoria de bolsas para a adquisición de libros de texto no curso 2009-2010
O Consello da Xunta aprobou hoxe a convocatoria de bolsas para a adquisición de libros de texto no curso 2009-2010, no que comezará a implantarse o novo modelo de gratuidade solidaria. Este programa, que dotará ás familias de bolsas en función da súa renda, substituirá progresivamente ao de préstamo vixente, comezando polos cursos de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial.
Estas bolsas, dotadas cunha cuantía total de 6,9 millóns de euros, serán outorgadas en función do nivel adquisitivo de cada familia. Todas os fogares con ingresos inferiores aos 9.000 euros per cápita recibirán unha axuda de 104 euros por cada neno. Se ademais os ingresos son inferiores a 5.400 euros per cápita ¿ou 6.000 no caso de familias monoparentais- a bolsa increméntase ata os 180 euros. Para os alumnos de Educación Especial, a Consellería de Educación garante 250 euros, sexa cal sexa o nivel de renda.
A convocatoria terá en conta o exercicio fiscal do ano 2008 e presenta unha atención especial ás familias con membros afectados por minusvalías igual ou superior ao 33%, xa que estas persoas computarán por dúas á hora de establecer o nivel de renda.
O sistema de gratuidade solidaria comezará a implantarse en 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial debido a que hai que repoñer os manuais destes cursos o vindeiro ano. No resto dos niveis substituírase progresivamente o de préstamo ata quedar completamente implantado a partir do 2012-13.
As solicitudes poderanse recoller nos centros, nas delegacións territoriais ou na páxina web www.edu.xunta.ese o prazo para a súa presentación será do 1 ao 30 de setembro. Así mesmo, estas solicitudes terán que presentarse nas secretarías dos centros educativos, que deberán proporcionar asesoramento ás familias que o requiran.
Unha vez tramitadas e resoltas as axudas, os listados definitivos de admitidos publicaranse nos taboleiros dos centros, no portal educativo da Consellería e nos departamentos. O pago farase a través dos centros que terán 10 días para o aboamento aos beneficiarios.
A axuda será compatibles con outras destinadas ao mesmo fin sempre que non se supere o custo dos libros e materiais subvencionados e deberá destinarse integramente a súa adquisición.
Fonte:Consellería de Educación
Xunta de Galicia
|
|
BASES REGULADORAS DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDIO PARA O CURSO 2009/2010 CON DESTINO A FAMILIAS CON DIFICULTADES SOCIOECONÓMICAS,
PARA A ADQUISICIÓN DO MATERIAL ESCOLAR DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PARA USO DO
COMEDOR ESCOLAR DO ALUMADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DOS CENTROS DO CONCELLO DE PONTEVEDRA.
BOP 3/7/09 |
|
Bases para a convocatoria de subvencións a Asociacións e Federacións de Pais e Nais, Movementos de Renovación Pedagóxica,Asociacións e Sindicatos de Ensino e Entidades sen Ánimo de Lucro que desenvolvan accións no eido da educación durante o curso escolar 2008/2009.
Prazo de presentación ata o 4 de agosto de 2009
BOP 3/7/09 |
|
| | << Comezar < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
| | Resultados 1 - 30 de 97 |
|
|
|
|
Instantaneas |
Federación de asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos integrada en confapa e ceapa, Defendemos a escola publica como unha comunidade educativa, laica, democrática, participativa e de calidade. |
|
|