NON TE DURMAS
06 de February 2012
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow Federación
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 
Federación



Novo web Nontedurmas.org PDF Imprimir E-mail
Tal como anunciamos na Asemblea xeral do pasado sábado, día 7 deste mes, o web www.nontedurmas.org cambiará agora de cara para presentarse máis limpo e accesible.

Esta web é, a partir deste momento, a antiga web da Federación de Anpa de Centros Públicos da Provincia de Pontevedra, e só se mantén coa fin de servir como histórico de novas publicadas e/ou documentación.

Para estar informado das nosas actividades, noticias, etc... visite a web actual en


www.nontedurmas.org

Ademais, tamén vos animamos a que se atopades problemas no uso cotián do nova web, nolos fagades saber achegando a descrición do problema a través do enderezo de correo info @ nontedurmas.org.

Tamén queremos indicar, que todos os contidos antigos os poderedes seguir atopando de xeito indefinido nesta mesma web e que se manterá como referencia histórica:

http://arquivo.mancomun.org
7 DE NOVEMBRO 2009 ASEMBLEA XERAL DA FANPA PDF Imprimir E-mail

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Convócase Asemblea Xeral Extraordinaria a celebrar na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra, Rúa Augusto González Besada, o vindeiro 7 de novembro de 2009, ás 9:30 horas en primeira convocatoria e ás 10.00 horas en segunda, co seguinte:

ORDE DO DÍA

 Renovación da Xunta Directiva de FANPA-PONTEVEDRA

Todos os interesados poderán presentar candidaturas ata dous días antes da citada asemblea.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convócase Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova de Pontevedra, Rúa Augusto González Besada, o vindeiro 7 de novembro de 2009, ás 10:30 horas en primeira convocatoria e ás 11:00 horas en segunda, co seguinte:

ORDE DO DÍA

1-Aprobación , se procede, da acta da asemblea anterior.

2-Informe de contas.

3-Informe da presidenta:

  • Incidencias inicio de curso 2009/10.
  • Actividades realizadas da FANPA ao longo deste curso.
  • Próximos proxectos :Cursos itinerantes de CEAPA sobre funcionamento das ANPA, formador de formadores e familia, concurso de fotografía…

4-Rolda aberta de intervencións.

Nota 1: Só terán voz e voto dous membros de cada ANPA, serán acreditados mediante certificado que se entregará o mesmo día.

Modelo de certificado

 

O NOSO APOIO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES MESTRE LANDÍN PDF Imprimir E-mail

FANPA PONTEVEDRA xunto coa Federación Municipal de ANPA de Marín condena os actos vandálicos acontecidos nos últimos días no IES Mestre Landín de Marín e quere ofrecerlles todo o seu apoio a comunidade educativa do citado centro.

Queremos lembrarlles a tódolos pais/nais a importancia de ter unha ANPA activa no centro, pedimos a súa colaboración para manter a ANPA “O pazo” que nestes intres está en proceso de renovación de xunta directiva e non atopa os apoios suficientes para seguir funcionando.

Nesta situación cómpre lembrar que, aínda que a culpa tena quen destroza sen máis causa que demostrar a súa barbarie, faise necesaria a colaboración de todos, centro, alumnos, pais/nais, concello e a presencia disuasoria da Policía Municipal debería encauzar rapidamente este desaguisado.

A FANPA

Referencia :Noticia-Voz de Galicia

USO RACIONAL DA TELEFONÍA MÓBIL NA INFANCIA PDF Imprimir E-mail
A Federación participa xunto coa Asociación pola Defensa da Ría na edición dun folleto onde se trata de concienciar as familias do uso racional do telefono móbil na infancia.
Se algunha ANPA está interesada en repartir os citados folletos no seu centro ou en solicitar un obradoiro para os/as pais/nais do seu centro póñanse en contacto con nós.
Folleto (CARA A)
Folleto (CARA B)
NOTA INFORMATIVA PDF Imprimir E-mail
A Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra, quere ante todo, pedir desculpas pola confusión creada para a reserva de prazas para a actividade “PLAYING IN ENGLISH” promovida por esta Federación e concebida dentro do Programa de apertura de centros públicos fóra do horario lectivo promovido pola Consellería de Educación e quere á súa vez aclarar que a Concellería de Educación do Concello de Pontevedra non ten en absoluto nada que ver coa organización, o logo do Concello aparece na información polo compromiso que ésta Federación ten co Concello a través do convenio CONCELLO-FANPA asinado no ano 2008 e 2009, co cal ésta Federación asume a súa responsabilidade e está tratando de crear 60 novas prazas para a xente interesada que quedou fóra e cuxa matriculación será nas datas que están nos papeis informativos que recibiron os pais/nais na reunión mantida o xoves 15 de xaneiro no auditorio de CAIXANOVA , é decir: luns 19, martes 20 e mércores 21.

Pregamos desculpen as molestias que lles poideramos ocasionar.


FANPA-PONTEVEDRA, luns 19 de xaneiro de 2009.
ACTIVATE NO NADAL PDF Imprimir E-mail

Programa xuvenil de lecer e tempo libre

QUE É?

            Actívate no Nadal é un Programa de actividades lúdicas, deportivas e culturais que che oferta a  Federación Provincial de ANPA de Pontevedra e a Concellaría de Educación do concello de Pontevedra para as vindeiras vacacións de Nadal.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

A rapaces e rapazas que estades cursando estudios de secundaria nos institutos públicos de Pontevedra.

EN QUE DATAS SE REALIZA?

Nos días: 22,23,24,26,29 ,30 e 31 de decembro e 2 de xaneiro.

ONDE SE DESENVOLVEN AS  ACTIVIDADES ?

No CEIP Froebel

No Pavillón do IES Frei Martín Sarmiento

CANTO CUSTA ?

Este programa é GRATUITO  para os socios da ANPA, e terá un prezo de 15 € para os non socios.

COMO ME APUNTO ?

Mediante a folla de inscrición debidamente cumprimentada e asinada polo teu pai,nai ou titor/a,  entregándolla a persoa responsable que cha solicite na primeira actividade  que realices.

Documentos que tes que axuntar: Xustificante de ser socio da ANPA ou se non,  resgardo de ingreso bancario de 15 €  no nº de conta que se indica na folla de inscrición

Fotocopia da tarxeta sanitaria (ou vir provisto coa orixinal)

EN CANTAS ACTIVIDADES PODO PARTICIPAR?

Cando entregues a folla de inscrición e a documentación, darémosche un carné de socio co que poderás participar en tódalas actividades que desexes (sempre que queden prazas), so tes      que presentar o teu carné  a persoa responsable que cho solicite en cada actividade, podendo participar de xeito individual ou en grupo.

QUE NORMAS DEBO CUMPRIR?

Asistir a actividade 10 minutos antes do inicio para organizar a asistencia e comprobar carnés

Respectar o horario, unha vez iniciada a actividade non poderás participar

Respectar os espazos e coidar do material que utilices nas actividades

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

  hora

día

  

 HORA

Luns

22

Martes

23

Mércores

24

Venres

 26

Luns

 29

Martes

30

Mércores 31

Venres

2

 

CEIP Froebel

16:30

a

18:00

 

Ideas agasallos con coiro

Ideas agasallos       coiro

Ideas agasallos cómics

Ideas agasallos

abelorios

 Ideas  agasallos feltro

Ideas agasallos feltro

Cociña creativa

Cócteles sen alcol

18:00

a

19: 30

 

bailes

 

maxia

 

risoterapia

 

bailes

 

risoterapia

 

maxia

 

bailes

SESIÓN DISCO

 

Pavillón Frei Martín Sarmiento

18:00

a

19:30

patinaxe

hockey

esgrima

malabares

hockey

malabares

esgrima


Cartel e díptico
Asemblea Xeral Anual da FANPA PDF Imprimir E-mail
O vindeiro 13 de decembro ,FANPA Pontevedra celebrará a Asemblea Xeral Anual no Pazo de Cultura de Pontevedra, a continuación detallamos o contido da citada asemblea, recordándolle que hai que inscribirse para os servizos de almorzo e comedor, e tamén haberá unha ludoteca para nenos/as, que poderán acudir os citados servizos previa inscrición.
Para inscrición:
info(arroba)nontedurmas.org
Tlf: 986 84 34 12
..............................................................................................................................................................................................................................................ASEMBLEA ASEMBLEA XERAL ANUAL DA FANPA-PONTEVEDRA CURSO 2008/09


PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

9.30: Almorzar como nenos: A empresa que presta o servizo de madrugadores nos centros de infantil e primaria do Concello de Pontevedra a través do contrato coa FANPA, poranos o almorzo no CEP Xunqueira ll de Pontevedra e desenvolveremos as actividades que normalmente se levan a cabo neste servizo. É preciso inscribirse para o almorzo(gratuito)

10.30:A familia na escola : Educación e convivencia: Un grupo de nais/pais que veñen de asistir a uns cursos de formación para “condutores de grupo “, a máis de comentarnos a súa experiencia, faremos con eles una dinámica moi interesante.

12.00:Pausa para o café.

12.30:A importancia da participación das familias na escola.

13.00:Internet na familia: recomendacións e avisos. Uso de ferramentas para a comunicación e organización das ANPA.

13.30:Uso racional da telefonía móvil.
13.45:Entrega de follas para anotar temas que ós asistentes lles interese tratar no último punto da orde do día da asemblea da tarde.

14.00: Xantar como nenos: A empresa que presta o servizo aos comedores do Concello de Pontevedra a través do contrato coa FANPA,serviranos o xantar e demostraranos in situ como o fan cos nosos nen@s. Hai que inscibirse (gratuito)

16.00:Descanso para tomar o café e para entregar as follas coas suxestións que se repartiron ó mediodía.

16.30: Asemblea extraordinaria: modificación e aprobación si procede do artigo 29 dos estatutos desta Federación .


17.00:Asemblea ordinaria

Orde do día
1.Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
2.Informe de contas.
3.Informe da presidenta:
a)Seguro para as ANPA asociadas ,( do que xa vos mandamos a información pertinente)

b)Información posíbel contrato de telefonía móbil, a través da FANPA, para as súas ANPA asociadas , con prezos interesantes e con chamadas gratuítas entre toda a rede de ANPA pertencentes á FANPA.

c) Estudo de contratación por parte da FANPA dunha asesoría xurídica e xestoría para poñer á disposición das nosas ANPA asociadas.

d)Rolda de prensa de CONFAPA-GALICIA 24/10/08.

e)Convenio co Concello de Pontevedra

f) Actividades desenvolvidas pola FANPA ao longo do 2008.Programa Mesturanzas. Ludoteca Nadal, dentro do convenio co Concello de Pontevedra

g) Asistencia en CEAPA da presidenta a curso de formador de formadores sobre educación emocional.( 21,22,e 23 de novembro 2008 ).

h) Curso de formación de xuntas directivas de ANPA para o sábado 10 de xaneiro de 2009 de 10 a 14 h.

i) Dación de conta das xestións realizadas coas incidencias recollidas ao comezo de curso.

j) Proxectos de actividades da FANPA para o ano 2009.

4.Rolda aberta de intervencións.
Seguro de responsabilidade civil para ANPA e de accidentes para os nenos/as PDF Imprimir E-mail
FANPA PONTEVEDRA xa está en disposición de ofrecerlles un seguro de responsabilidade civil e de accidentes para ANPA cunha cobertura moi ampla e un custo moi económico (40 € ó ano), o mesmo que un seguro de accidentes para  os nenos/as de cada unha das ANPA con unhas coberturas moi boas(6€ neno)

Se están interesados non dubiden en chamarnos, o vindeiro 13/12/2008 na Asemblea Xeral desta Federación daremos toda a información precisa.

Seguros para as ANPA asociadas, non asociadas, Federacións locais...
<< Comezar < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 28 de 41
 
Instantaneas
Federación de asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos integrada en confapa e ceapa,
Defendemos a  escola publica  como unha comunidade educativa, laica,  democrática, participativa e de calidade.
Axenda federación
Febrero 2012
L M X J V S D
30311 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
Imagen
017.jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra