NON TE DURMAS
06 de February 2012
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow Familias
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 


Bolsas para a adquisición de libros de texto no curso 2009-2010 destinadas a 1º,2º,5º e 6º primaria PDF Imprimir E-mail
Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2009/2010.

O obxecto desta orde é convocar bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2009/2010, en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.


Esta convocatoria tramitarase polo procedemento establecido no artigo 19.2º da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tendo en conta que polo obxecto e finalidade da subvención non será necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.


Artigo 2º.-Destinatarios e requisitos.

1. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado en 1º, 2º, 5º ou 6º de educación primaria ou en educación especial nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2009/2010.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Para o alumnado de educación primaria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 desta orde.

2. As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores.

Artigo 3º.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes, segundo o anexo I a orde, presentaranse por duplicado, na secretaría dos centros docentes, segundo se indica máis adiante, ou nos lugares e na forma previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

Se a solicitude fose remitida por correo, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que o funcionario de correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa certificación.

Co obxecto de facilitar a presentación de solicitudes, se esta se efectúa nos centros, realizarase do seguinte xeito:

a) Familia que solicita a axuda para un só fillo/a:

-Presentará a solicitude na secretaría do centro no que o/a alumno/a se encontra matriculado.

b) Familia que solicita a axuda para varios fillos:

-Se todos os fillos para os que solicita a axuda se encontran escolarizados no mesmo centro educativo, presentará unha única solicitude na secretaría deste centro.

-Se os fillos para os que solicita a axuda están matriculados en distintos centros educativos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, referida aos fillos que se encontran escolarizados en cada centro.


2. A secretaría do centro receptor indicará a data de presentación e selará os dous exemplares, devolvendo un deles ao solicitante.

3. Os centros docentes asesorarán aos interesados para que cubran as solicitudes correctamente en todos os seus puntos e acheguen a documentación exixida por esta orde.

4. Os centros concertados, que actúan como entidades colaboradoras na xestión das axudas, asinando o anexo II quedan suxeitos ao establecido nesta orde.

5. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, desde o 1 ao 30 de setembro de 2009.

Máis información
Axudas para o alumnado de FP que participen en estadías en empresas doutros países PDF Imprimir E-mail
Orde do 10 de agosto de 2009 pola que se establece unha segunda convocatoria de axudas para o alumnado de formación profesional de centros docentes públicos e centros docentes concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional durante o ano 2009.

DOG 19/8/09
A galiña azul será a nova imaxe das escolas infantís galegas PDF Imprimir E-mail

A rede de escolas infantís galegas contará a partir do próximo curso cunha nova imaxe, representada por unha galiña azul, que integrará a todos os centros da comunidade, ao tempo que representará os valores de diversidade, pluralidade, integración e solidariedade.
A imaxe da "galiña azul" provén dun conto do escritor galego Carlos Casares.

Prazas infantís
para o curso 2009/10 segundo a Xunta de Galicia

Actualmente, a comunidade galega conta con 477 escolas infantís, das que un total de 212 son públicas (110 da Xunta e 102 dos concellos e subvencionadas pola Administración autonómica). Existen ademais 60 centros de titularidade de entidades de iniciativa social tamén financiadas polo Goberno galego. Entre todas estas modalidades e os centros partícipes do cheque infantil, o total de prazas financiadas con fondos públicos supera as 15.000, o que significa máis do 25% da taxa de cobertura da población de 0-3 anos. A estes centros súmanse 205 privados que ofertan arredor de 8.600 prazas.

É de subliñar que esta nova rede de escolas infantís de Galicia contará con 13 novos centros o próximo curso (7 de nova creación e outras 6 de transmisión). Todas elas suman 753 prazas máis. As escolas de nova creación son en Carballiño, Culleredo, Porriño, Ourense, Santiago (Tambre), Ponte Caldelas e Soutomaior.As 6 de transmisión son O Barco, Oleiros, Quiroga, Camariñas, Cedeira e Chantada.


Ler máis...
Ciclos formativos de formación profesional inicial para o curso 2009/10 PDF Imprimir E-mail
Resolución do 27 de xullo de 2009, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional inicial no curso 2009-2010.

DOG 18/8/09
INFORMACIÓN SOBRE O VIRUS DA GRIPE A(H1N1) PDF Imprimir E-mail

Toda a información sobre o virus da gripe A e o protocolo a seguir nos centros escolares

PROTOCOLO XUNTA DE GALICIA
Os resultados da consulta sobre a utilización das linguas no ensino PDF Imprimir E-mail

Santiago, 31 de xullo de 2009.- O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou hoxe os resultados da consulta ás familias sobre a utilización das linguas na educación non universitaria de Galicia que será o punto de partida para a elaboración do novo decreto do galego no ensino. Lorenzo destacou a participación do 58,7%, que foi especialmente elevada nos ciclos en Educación Infantil e Primaria, onde chegou ao 70,1% e ao 75,7% respectivamente. Estes datos son máis elevados que os de Educación Secundaria (38,4%) e Formación Profesional (33,1%).

Máis información: Política lingüística Xunta de Galicia
2010 Ano do libro e da lectura en Galicia PDF Imprimir E-mail
Decreto 369/2009, do 23 de xullo, polo que se declara o 2010 como Ano do Libro e da Lectura de Galicia.

Galicia está indisolublemente asociada a Europa a través das correntes culturais, do pensamento e do espírito. Estas manifestacións exprésanse e materialízanse a través da palabra escrita, a través do códice ou do libro, que, desde a alta Idade Media, ofrece en cada obra un polo de atención para o debate, a construción intelectual e a democratización vagarosa do coñecemento e da intelixencia colectiva.

Debido a isto, a Consellería de Cultura e Turismo considera unha simbiose moi frutífera a do Ano Santo Xacobeo, que se celebrará no ano 2010, e o enxalzamento do libro e da lectura en Galicia. Deste xeito, o Ano Santo verase apoiado pola creación literaria galega e pola incorporación á nosa lingua dos textos fundamentais da área cultural en que nos inserimos, tanto do presente coma do pasado. O libro, a nosa expresión, o noso xeito de ver e comprender a realidade e a súa transformación debe engadirlle unha perspectiva enriquecedora ao Xacobeo; a celebración máis importante da nosa comunidade ofrecería, para dentro e para fóra, a achega das creadoras e dos creadores que herdaron a vagaxe milenaria de Compostela e da Via Stellarum, transformada e fortalecida pola sensibilidade de agora.
Ler máis...
Convocatoria pública de axudas para o financiamento dos xuros de préstamos para os universitarios/as PDF Imprimir E-mail
Orde do 10 de xullo de 2009 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria pública de axudas para o financiamento dos xuros de préstamos destinadas ao alumnado universitario galego interesado en solicitar créditos bancarios para o financiamento dos seus estudos ou prorrogar os concedidos na convocatoria anterior.

DOG 20/7/09
Cheque infantil en escolas infantís 0-3 PDF Imprimir E-mail
Orde do 18 de xuño de 2009 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos e se procede á súa convocatoria.

DOG N.º 124
Convocatoria de bolsas de residencia para a realización de estudos universitarios no curso 2009-2010 PDF Imprimir E-mail
Orde do 11 de xuño de 2009 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de bolsas de residencia para a realización de estudos universitarios no curso 2009-2010 en centros do sistema universitario de Galicia, destinadas aos galegos e galegas e aos seus descendentes que teñan a súa residencia familiar en territorio español fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG N.º 119
<< Comezar < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 30 de 76
 
Instantaneas
Federación de asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos integrada en confapa e ceapa,
Defendemos a  escola publica  como unha comunidade educativa, laica,  democrática, participativa e de calidade.
Axenda federación
Febrero 2012
L M X J V S D
30311 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
Imagen
006.jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra