Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos non universitarios dependentes desta consellería para o curso académico 2009-2010.
Vén de publicarse os prezos dos comedores escolares da Consellería de Educación (non de ANPA) para o vindeiro curso
Decreto 374/2009, do 6 de agosto, polo que se aproban os prezos públicos pola utilización dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Están obrigadas ao pagamento das cantidades que se establecen como prezo público, as seguintes persoas usuarias do servizo:
a) Os pais, nais ou titores/as legais, en nome e por conta do alumnado usuario do servizo, salvo que estes teñan dereito á gratuidade total do servizo.
b) As restantes persoas usuarias do comedor escolar.
Prezos públicos do comedor escolar en centros públicos non universitarios.
1. O uso do servizo de comedor escolar en centros docentes públicos non universitarios, xestionados directamente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dará lugar ao aboamento dos seguintes prezos públicos por parte dos usuarios:
a) 3 euros por día de servizo.
b) 1,50 euros por día de servizo, nos supostos recollidos no artigo 4.2º deste decreto.
2. Os prezos públicos actualizaranse cada curso escolar na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice xeral de prezos de consumo para a Comunidade Autónoma de Galicia (IPC) no mes xuño anterior, mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
DOG 14/8/09
Os comedores escolares de Pontevedra remataron o curso 2008/09 con unha gran festa do Circo. Non faltou de nada,mimos, forzudos, malabaristas, domadores, pallasos.....
A continuación poñemos unhas fotos do gran día do circo no CEIP A XUNQUEIRA 1
Noraboa a tódolos nenos e nenas por un gran traballo, e como non, as súas monitoras que, traballaron moito para ter todo a punto. UN MERECIDO DESCANSO NESTE VERÁN!!!
EN SETEMBRO VOLVEMOS
Este venres (27/2/09) o apaixonante mundo chinés invadirá cada un dos comedores escolares dos colexios do concello de Pontevedra. Dentro do programa lúdico-educativo de Serunión celébrase un día dedicado a cultura chinesa, será todo un acontecemento, pero tanto os/as monitores/as e os nenos/as levan traballado moito, dende hai tres semanas en días alternos estiveron a preparar a decoración, adornos típicos como abanos, farois, manteis ...
Aprenderon datos interesantes e curiosos da cultura dese país, tales como número de habitantes, inventos, símbolos, idioma, capital, gastronomía, o zodíaco e os seus símbolos, lendas e moito máis.
Para a ocasión, os nenos/as que teñan disfrace levarano, non é obrigatorio, o que si se fará é caracterizalos a todos/as.O menú vai ser estupendo, de primeiro sopa de peixe con fideos chinos, de segundo arroz fritido tres delicias con anacos e de sobremesa mandarina de Pekín, todo un manxar para os máis pequenos/as. E para rematar, cantigas que ensaiaron todos estes días, e como non, xogarán a captura do rabo do dragón, ánimo rapaces que non é tan fera a besta como a pintan.
Poida ser que haxa algunha sorpresa, todo pode acontecer!!!!
Recordamos as familias usuarias dos servizos de comedor e madruga do Concello de Pontevedra que, para inscribirse nos citados servizos poden dirixirse o Servizo de Educación do Concello ( Rúa Xan Guillerme) desde o 1 ata o día 8 de setembro ou anotarse nas propias empresas prestadoras dos servizos.
5 DÍAS Á SEMANA .....61.36 €
4 DÍAS Á SEMANA ......49.75€
3 DÍAS Á SEMANA ..... 36.48€
2 DÍAS Á SEMANA .....2 4.87€
1 DÍAS Á SEMANA .... 1 3.27€
ESPORÁDICOS ......... 7.50 €
Orde do 13 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, o funcionamento e a xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes desta consellería
O prazo para a matrícula dos nenos/as para o servizo de comedor escolar e servizo de madruga para o curso 2008/2009 será ata o día 20 de xuño para os nenos/as xa matriculados no centro e do 20 ao 30 para os de nova matriculación. De estar interesado neste servizo deberá de recoller as follas de inscrición na súa ANPA ou no centro escolar.
Esta páxina ofrécese como plataforma para todos aqueles que se preocupan pola educación dos nenos. E non queren quedarse durmidos.
Internet dános a posibilidade de que participedes nela. Todo importa, cousas interesantes, problemas, actividades no voso colexio... envíanolo e publicámolo.