NON TE DURMAS
04 de Outubro 2026
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow Prensa arrow Case un 90% de pais están desgustados coa calidade da ensinanza
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 
Case un 90% de pais están desgustados coa calidade da ensinanza PDF Imprimir E-mail
Moitas familias españolas están insatisfeitas coa educación que reciben os seus fillos, segundo se desprende do informe sobre ‘Demandas da poboación española sobre a educación’, realizado a partir dunha enquisa entre preto de 5.000 fogares de toda España levada a cabo pola empresa Demométrica.

Image Só un 12,7% dos participantes na mostra se confesa plenamente "satisfeito", fronte ó 85,5% que pide algún cambio de rumbo. Desta porcentaxe, o 45,4% declárase "insatisfeito" e pide rectificacións. Deses últimos, o 32,7% reclama cambios fundamentais, e o 12,7% restante, totais, xa que opina que "necesitariamos refacer completamente" o ensino obrigatorio.


Catro de cada dez respostas reflicten que a educación obrigatoria funciona ben pero que é susceptible dalgúns cambios. É dicir, que só 12 de cada 100 entrevistados cren que a educación funciona plenamente ben e non precisa modificacións.


A conclusión é que preto da metade (45,4%) se declara insatisfeito coa educación e o resto (52,8%) estao máis. O 1,8% restante, non contesta.
En canto á evolución da Secundaria Obrigatoria (ESO), menos de dous de cada dez enquisados afirman que foi favorable nos últimos cinco anos, fronte a case a metade (45,5%) que fala dunha evolución negativa. Os índices positivos en Infantil (42,9%) e Primaria (29,9%) son máis elevados.


Segundo explicou Miguel de la Fuente, director xeral de Demométrica, o tramo de ensino secundario é o principal "foco de insatisfacción" entre os enquisados e así, só o 18 % considera que evolucionou favorablemente nos últimos cinco anos.


Gratuidade e máis e mellores profesores


A principal demanda da sociedade española é a gratuidade da educación preescolar e infantil. E entre as medidas máis solicitadas polos entrevistados encóntranse o incremento do número de profesores e o investimento na súa formación, a garantía da aprendizaxe dunha lingua estranxeira e a extensión do acceso a Internet nos centros.


Sobre a relación entre calidade e recursos económicos, máis da metade dos fogares enquisados (60,1%) indica que o que falta é unha mellor xestión dos recursos financeiros e catro de cada dez respostas piden máis diñeiro.


Por autonomías País Vasco (71,5%), Navarra (61%) e Cantabria (60,5%) son as comunidades onde existe unha opinión maioritaria de que a súa educación obrigatoria é mellor que a do resto de España. No ángulo oposto, en Andalucía, Baleares, Estremadura, Galicia e Canarias os enquisados pensan que a súa situación é peor cá do resto das autonomías.


O presidente da entidade, Alfonso del Corral, destacou que as entrevistas se realizaron antes do debate ideolóxico en torno á tramitación da Lei orgánica de educación (LOE) e que, polo tanto, a opinión manifestada polos enquisados estaba "libre" de contaminación política.

Preocupacións: violencia e drogas


Respecto dos principais problemas percibidos pola poboación no ámbito educativo, oito de cada dez enquisados destacan o consumo de drogas e a violencia na escola, con valores medios superiores a 9 (nunha escala na que 10 é a preocupación máxima). Case a metade das respostas conteñen a "falta de tempo dos pais para a dedicación ós seus fillos", o que sitúa esta denuncia como o terceiro dos aspectos máis preocupantes, cunha cualificación de 7,9 puntos.

Fonte: Galicia-Hoxe.com
< Anterior   Seguinte >
 
Instantaneas

Esta páxina ofrécese como plataforma para todos aqueles que se preocupan pola educación dos nenos. E non queren quedarse durmidos.

Internet dános a posibilidade de que participedes nela. Todo importa, cousas interesantes, problemas, actividades no voso colexio... envíanolo e publicámolo.

Axenda federación
Octubre 2026
L M X J V S D
2829301 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1
Imagen
012.jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra