Obxectivos:

  • Constituírse como recurso sociocomunitario de apoio a pais e nais para favorecer a conciliación de responsabilidades familiares e laborais.
  • Crear un espazo educativo e de lecer, que utiliza o xogo como medio de expresión.
  • Desenvolver actividades dirixidas a promocionar a adquisición de habilidades persoais, sociais e afectivas, así como a capacidade creativa, a iniciativa persoal e a autoconfianza das persoas usuarias do servizo, con especial atención a aquelas con necesidades educativas.
  • Educar as persoas usuarias do servizo desde a promoción de valores solidarios, igualitarios e non violentos, así como de respecto á diferenza. Para iso, todos os materiais e actividades deberán ter en conta estes valores e facer un uso non sexista da linguaxe (incluídas as imaxes).
  • Promocionar hábitos de vida saudables.
  • Achegar os usuarios á cultura e ó medio natural do noso contorno.
  • Potenciar as habilidades comunicativas orais en lingua galega e en lingua inglesa segundo a tipoloxía de ludoteca

Ludonadal

Updated on 2016-06-16T13:47:11+02:00, by Xestión.