NONTEDURMAS O noso web

Nontedurmas.org é o web da FANPA, federada en CONFAPA E CEAPA,

A Federación Provincial de Anpas de Pontevedra  é a plataforma que integra a todas aquelas persoas que defenden e se preocupan pola educación dos seus fillos e non queren quedarse durmidos, de aí o slogan que reza neste web : nontedurmas.org

Defendemos a escola pública como unha comunidade educativa, laica, democrática, participativa e de calidade.

Os nosos Ambiciosos obxectivos

a) Representar e defender os dereitos e intereses das nais, dos pais e do alumnado dos centros públicos de ensino non universitario da provincia de Pontevedra, no senso de que reciba, de maneira eficaz, unha educación plural, democrática, integradora, solidaria e compensadora de desigualdades.

b) Realizar actividades sen afán de lucro, de asistencia social, relacionadas coa protección da infancia, deportivas e culturais, a natureza e o medio ambiente; ben prestados directamente ou por medio das ANPA e federacións asociadas, a través de convenios, concursos, acordos, etc. coas administracións públicas, en centros escolares ou fóra deles.

c) Asistir ás ANPA e federacións asociadas en todo aquilo que teña que ver cos fins fixados nos seus respectivos estatutos, en especial no que teña que ver coa educación do alumnado.

d) Representar e defender os dereitos das ANPA e federacións asociadas e asistir as nais, pais e titores do alumnado no dereito a intervir no control e na xestión dos centros públicos.

e) Velar para que o alumnado reciba unha educación humanista e científica, de alta calidade, orientada ó pleno desenvolvemento da súa personalidade, o fomento dos hábitos intelectuais, traballo en equipo, espírito crítico e democrático.

f) Fomentar o desenvolvemento das ANPA e federacións asociadas e promover a súa integración na FANPA cando non estean federadas e radiquen no seu ámbito territorial.

g) Promover a participación das nais, pais e titores do alumnado na actividade do centro escolar, así como a paridade de representación entre mestras/es e nais/pais/titores nos consellos escolares e noutros órganos colexiados, de ser o caso.

h) Fomentar e promover a cultura xeral e, en particular, o idioma galego.

i) Promover e desenvolver cantas actividades sexan necesarias para facilitar e conseguir os seus obxectivos, incluído o poder arbitrar medios económicos para axudar as ANPA e federacións asociadas, co obxecto de que poidan desenvolver mellor os seus fins.

j) Promover todo tipo de asociacións encamiñadas a que os grupos marxinados socialmente por razón de etnia, diminución física, psíquica ou sensorial ou calquera outro motivo, sexan integrados nos centros educativos e admitidos con normalidade na comunidade educativa.

k) Promover e fomentar entre as ANPA o uso das novas tecnoloxías.

 Anos de Experiencia

Xornadas, actividades extraescolares, servizos complementarios, propostas e debates educativos, asesoramento e negociación económica, punto de encontro para compartir experiencias de ANPA, convenios con Administracións.


Defender os dereitos intereses das nais, pais e alumnoado
Actividades e iniciativas
Asistir ás ANPA e federacións asociadas
Velar pola educación do alumnado

Un Gran Equipo

Fundadores

Sorry, there is nothing to display here…

Historia da asociación

A Federación comeza a nacer o 11 de xuño de 1980 coa constitución dunha xunta xestora composta polas ANPA de nove colexios da cidade de Pontevedra: Príncipe Felipe (con varios centros, preescolar, EXB), Xunqueira II, Vilaverde, Marqués de Suances, Anexa, Xunqueira I, Álvarez Limeses e Campolongo. O seu fundador foi José Luis Coladas Calvo, falecido no 2013. Tomou o nome de Federación Local de Asociaciones de Padres de Alumnos de Colegios Estatales de Preescolar y EGB  “Teucro” de Pontevedra, que constitúe a súa primeira directiva en 1982.

Pouco despois Teucro funciona xa como Federación de ámbito comarcal, tras a primeira reforma dos seus estatutos, en 1985.

Xa na altura de mediados do 1985 a Federación Local formaba parte dunha primeira Confederación Provincial de APAS “Alborada”, que integraba tamén a Federación local de Vigo (FANCOVIC) e a Federación Baixo Miño e que debeu desaparecer pouco despois (1987) para asumir a local de Pontevedra, primeiro o ámbito comarcal e logo o provincial. Ademais a FAPAS Teucro participa, como membro da Confederación Alborada, na asemblea de constitución da Confederación Galega, CONFAPA, que tivo lugar en Santiago de Compostela o 14 de marzo de 1987.

.

Por que nos preocupamos por ti?

Por ti coma se fósemos nós. As ANPA son unha conquista democrática. A participación das nais e pais no sistema educativo é algo máis ca un dereito. Son a garantía de que todos os que participan do sistema desde os profesionais, as autoridades ata os colaboradores externos van poñer o mellor da súa parte. Polo ben común, polo ben de todos, participa da educación das túas fillas e fillos!

Sorry, there is nothing to display here…

Nunca foi doado!

Os primeiros tempos da FANPA

Por dereito propio José Luís Coladas ocupa un lugar sobresaliente na pequena gran historia das APAS de Pontevedra.

Xunta Camilo Bello Fernández formou un admirable tándem que deu vida nos duros anos 80 da mocidade pontevedresa  ás asociacións de pais de alumnos, no marco da LODE. De cabeza trouxeron ao conselleiro Vázquez Portomeñe. Froito do seu incansable traballo naceu a federación provincial Teucro, que José Luís Coladas presidiu durante varios anos.

Fai parte ti tamén desta historia!

Lembrando as directivas

Son literalmente ducias de persoas xenerosas as que compuxeron as directivas que ao longo das varias décadas se ocuparon de soster Federación. Con esta breve sección tentamos recuperar aínda que sexa minimamente o seu recordo e o noso agradecemento.

– (2013) José Luís Coladas Calvo (1980-…)

En conexión co apartado anterior sobre a historia das asociacións de pais en Pontevedra don José Luis Coladas Calvo, que tantos anos lle dedicou a este labor, foi acredor no 1959 dunha bolsa universitaria para pode estudar en Vigo por valor de 6000 pesetas. Non cabe dúbida que esta axuda cando estudante tivo duradoiro efecto na súa vida.

– Rafael Vilar y Ramírez (preside a Xunta Xestora, 1982)

Xunta Directiva Fundadora (9/03/82)

-Presidente, José Luís Coladas

– Vicepresidente, Francisco Salgado

– Secretario, Santiago Baquero

– Tesoureiro, Francisco Cordero

– Vogais: Cristina Bonaque, Antonio Peleteiro, Juan Mosquera, Carlos Raposo

– Alfonso  Fernández Concha (1985-1987)

– José Gulías Varela (1996-2000)

 

 

–  María Isabel Martínez Epifanio (2000-2002)

 

alfonso– Alfonso Moreno Mora (nov. 2002-2006)

 

 

María José Rodríguez Teso (2006-2010)

 

 

manuel_2016-10-26_14-41-25– Manuel Alvite Vidal (2010-2011)

– Alberto Pita Castelo (2011-2014)

 

 

– Rogelio Carballo (2014- actualidade)

 

 

Axúdanos a lembrar!

Microhistoria das asociacións de pais de Pontevedra

Las primeras asociaciones de padres, o también de padres y maestros, surgieron en los años 20 y 30 en España. Luego dispusieron de un modesto reconocimiento en la Ley de Educación Primaria de 1945, durante la época más dura del franquismo. Pero ni antes ni tampoco después de la Guerra Civil destacó especialmente ninguna asociación de padres de alumnos en Pontevedra hasta el año 1950.

Entonces fue cuando se fundó en el Instituto un consejo pionero de padres de alumnos por iniciativa de su director, José Fernando Filgueira Valverde. Al frente de un equipo directivo competente, entusiasta y decidido a impulsar la modernización del centro, tuvo la clarividencia de buscar la complicidad de los padres para conseguir tan ambicioso objetivo.

alumnos_instituto_pontevedra_1950Como se trataba de una iniciativa experimental que podía suscitar algunos recelos en determinados estamentos oficiales, el profesor Filgueira se las arregló para situar al frente de su acariciado proyecto a un hombre libre de toda sospecha: José María Suárez Vence.

El primer presidente de aquel consejo escolar era nada menos que el presidente de la Audiencia Provincial, entonces segunda autoridad en el escalafón oficial tras el gobernador civil. Suárez Vence gozaba de un notable prestigio profesional, que pronto le valió su ascenso al Tribunal Supremo. Luego lo sustituyó el delegado de Hacienda, Augusto Marzal, un hombre igualmente respetado y bastante liberal para aquel tiempo.

La articulación de aquel consejo de padres de alumnos resultó tan original y atractiva, que el Comisario de Selección y Protección Escolar reclamó un informe detallado sobre su funcionamiento para presentarlo en un congreso pedagógico internacional que se celebró en Ginebra. Junto a la cúpula directiva, cada curso disponía de un padre y una madre como vocales para el seguimiento de todas las actividades.

A la implantación del uniforme entre el alumnado, que constituyó la primera actuación relevante y visible de los padres de alumnos, siguió el establecimiento de un servicio médico escolar, que hasta estaba dotado de un aparato de rayos X.

Los doctores Antonio Fernández y Venancio Blanco se encargaron de los reconocimientos médicos, llevando a cabo un control de las enfermedades más habituales. Además, este servicio contaba con el valioso apéndice del Sanatorio Domínguez, que cubría toda la traumatología; es decir, las típicas incidencias de golpes y roturas de brazos o piernas. Toda esta parte médica iba muy ligada, obviamente, a la práctica deportiva.

El consejo de padres de alumnos también autorizó la puesta en marcha de un gabinete de psicología de carácter experimental, que estuvo a cargo del doctor José Mato Calderón, reconocido psiquiatra todavía hoy en activo. Mato llevó a cabo entonces el primer ensayo conocido en España sobre una clínica de conducta en el ámbito escolar, que tuvo bastante eco entre sus colegas.

Entre unos y otros crearon en el Instituto un caldo de cultivo muy rico en donde se llevaron a cabo numerosas iniciativas culturales, deportivas y sociales: charlas y conferencias, audiciones musicales, representaciones teatrales, excursiones educativas, etcétera. Detrás del consejo de padres de alumnos, surgieron la cofradía del Espíritu Santo, el coro, y la asociación de exalumnos.

El primer reconocimiento importante de toda esta labor conjunta llegó en 1956 con su elección por el Ministerio de Educación como “centro modelo” de ámbito nacional. Esta distinción se tradujo en la concesión de una ayuda extraordinaria de 100.000 pesetas para mejorar sus dotaciones.

Un año después, conquistaba con todo merecimiento la medalla de oro en los campeonatos escolares españoles de 1957-58, que marcó un hito en su larga historia y el nombre del Instituto de Pontevedra resonó con fuerza en toda España.

Texto de RAFAEL L. TORRE en Faro de Vigo

Participa na nosa historia!

Verbo da FANPA

Updated on 2017-04-12T13:55:45+02:00, by Xestión.