NON TE DURMAS
06 de February 2012
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow As ANPA arrow Reposición do programa de gratuidade de libros de texto para o curso 2009/10
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 
Reposición do programa de gratuidade de libros de texto para o curso 2009/10 PDF Imprimir E-mail
Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convoca e se regula a reposición do programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2009/2010.

Beneficiarios

Será beneficiario do programa todo o alumnado que curse 3º de educación primaria, 4º de educación primaria ou calquera dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o previsto no artigo terceiro desta orde.

A participación do alumnado no programa ten carácter voluntario. A aceptación da participación seguindo os compromisos adquiridos nesta convocatoria será asinada polo pai, nai ou titor/a do alumno/a seguindo o anexo V.

Terceiro.-Actuacións no curso escolar 2009/2010.

No curso escolar 2009/2010 levarase a cabo a reposición por incremento do alumnado ou por deterioración dos libros de texto en 3º e 4º de educación primaria e nos catro cursos de educación secundaria obrigatoria.

Cuarto.-Adhesión ao programa.

Todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ou vaian impartir 3ºde educación primaria, 4º de educación primaria e/ou calquera dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria no curso escolar 2009/2010 enténdense adheridos ao programa.
Quinto.-Permanencia dos libros de texto.

Os libros de texto ou materiais curriculares que se vaian utilizar nestes cursos no programa de gratuidade manterase durante o tempo que reste para cumprir o período de permanencia de catro cursos.

Sexto.-Importe máximo por alumno e curso.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aboará os libros de texto destes cursos nos seguintes importes máximos por alumno ou alumna acollidos ao programa e curso:

Ver referencia pdf "16600D002P005.PDF"
A limitación de reposición por deterioración será conxunta para todos os cursos, é dicir, cada centro poderá repoñer un maior importe que o previsto en calquera dos cursos sempre e cando se repoña menos noutros e a suma da reposición por deterioración de todos os cursos non supere a suma das contías establecidas no cadro anterior.

Os importes máximos por alumno ou alumna para reposición por incremento de alumnado ou para novas incorporacións, en cada curso, poderanse superar sempre e cando se compense con gastos inferiores ao máximo para outros alumnos ou alumnas do mesmo curso.

Sétimo.-Procedemento para a reposición dos libros, por deterioración destes ou por incremento de alumnado.

1. Os centros poderán repoñer por deterioración e/ou incremento os exemplares de libros de texto de 3º e 4º de educación primaria e dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria que sexan necesarios para o curso escolar 2009/2010, como consecuencia de:

a) O incremento de alumnado acollido ao programa neste nivel educativo con respecto aos acollidos no curso ou cursos anteriores. Se no curso ou cursos anteriores o centro non impartise as citadas ensinanzas ou non tivese ese nivel concertado, entenderase o curso completo como incremento de alumnado.

b) Os exemplares que, debido ao seu grao de deterioración, non poidan ser utilizados polo alumnado no curso escolar 2009/2010, sempre que esta deterioración non sexa imputable ao alumno ou alumna, coas limitacións establecidas no artigo 6º desta orde.

c) Os exemplares para o alumnado con materias pendentes, optativas que non coincidan coas do curso anterior, así como os destinados ao alumnado con necesidades educativas específicas cubriranse coas existencias de libros de que dispoña o centro e/ou coa contía asignada para reposición por deterioración dos libros. Só se non se poden cubrir as necesidades do xeito anterior poderanse incluír como reposición por incremento de alumnado, imputando ao programa unicamente o importe das facturas dos libros que sexan precisos.

2. Os exemplares de reposición por deterioración e de reposición por incremento serán adquiridos pola dirección do centro. A tramitación realizarase de xeito separado, debendo utilizar o anexo I para reposición por deterioración dos libros e o anexo II para reposición por incremento de alumnado.

Os anexos cubriranse por triplicado, facendo constar o/s importe/s máximo/s e o número de exemplares de cada área. Un dos exemplares do anexo deberá ser devolto ao centro asinado e selado pola libraría no momento da solicitude, con indicación, de ser o caso, do libro ou libros que non se inclúen por superar a contía máxima prevista na orde.


Se a libraría devolve o anexo ao centro sen facer indicación expresa da exclusión dalgún libro, adquire o compromiso de entregar todos os libros sen superar o/s importe/s máximo/s indicados no anexo.


3. Os libros para a reposición por deterioración e/ou incremento que soliciten os centros nas librarías, deberán ser adquiridos, preferentemente, en varios establecementos do concello ou comarca.
< Anterior   Seguinte >
 
Instantaneas
Unha escola  e unha sociedade onde todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades de recibir un ensino de calidade.
Unha escola  e unha sociedade  onde se aprenda a convivir  e se respecten e valoren as diferenzas.
Axenda federación
Febrero 2012
L M X J V S D
30311 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4
Imagen
non ten2 .jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra