|
Programa xuvenil de lecer e tempo libre
QUE É?
Actívate no Nadal é un Programa de actividades lúdicas, deportivas e culturais que che oferta a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra e a Concellaría de Educación do concello de Pontevedra para as vindeiras vacacións de Nadal.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
A rapaces e rapazas que estades cursando estudios de secundaria nos institutos públicos de Pontevedra.
EN QUE DATAS SE REALIZA?
Nos días: 22,23,24,26,29 ,30 e 31 de decembro e 2 de xaneiro.
ONDE SE DESENVOLVEN AS ACTIVIDADES ?
No CEIP Froebel
No Pavillón do IES Frei Martín Sarmiento
CANTO CUSTA ?
Este programa é GRATUITO para os socios da ANPA, e terá un prezo de 15 € para os non socios.
COMO ME APUNTO ?
Mediante a folla de inscrición debidamente cumprimentada e asinada polo teu pai,nai ou titor/a, entregándolla a persoa responsable que cha solicite na primeira actividade que realices.
Documentos que tes que axuntar: Xustificante de ser socio da ANPA ou se non, resgardo de ingreso bancario de 15 € no nº de conta que se indica na folla de inscrición
Fotocopia da tarxeta sanitaria (ou vir provisto coa orixinal)
EN CANTAS ACTIVIDADES PODO PARTICIPAR?
Cando entregues a folla de inscrición e a documentación, darémosche un carné de socio co que poderás participar en tódalas actividades que desexes (sempre que queden prazas), so tes que presentar o teu carné a persoa responsable que cho solicite en cada actividade, podendo participar de xeito individual ou en grupo.
QUE NORMAS DEBO CUMPRIR?
Asistir a actividade 10 minutos antes do inicio para organizar a asistencia e comprobar carnés
Respectar o horario, unha vez iniciada a actividade non poderás participar
Respectar os espazos e coidar do material que utilices nas actividades
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
|
hora
día
HORA
|
Luns
22
|
Martes
23
|
Mércores
24
|
Venres
26
|
Luns
29
|
Martes
30
|
Mércores 31
|
Venres
2
|
|
CEIP Froebel
|
|
16:30
a
18:00
|
Ideas agasallos con coiro
|
Ideas agasallos coiro
|
Ideas agasallos cómics
|
Ideas agasallos
abelorios
|
Ideas agasallos feltro
|
Ideas agasallos feltro
|
Cociña creativa
|
Cócteles sen alcol
|
|
18:00
a
19: 30
|
bailes
|
maxia
|
risoterapia
|
bailes
|
risoterapia
|
maxia
|
bailes
|
SESIÓN DISCO
|
|
Pavillón Frei Martín Sarmiento
|
|
18:00
a
19:30
|
patinaxe
|
hockey
|
esgrima
|
malabares
|
hockey
|
malabares
|
esgrima
|
Cartel e díptico |