NON TE DURMAS
17 de Setembro 2026
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow Foro
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 
Admisión de alumnado en ciclos formativos de formación profesional PDF Imprimir E-mail
Resolución do 3 de xuño de 2008 pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas e programas de cualificación profesional inicial para o curso académico 2008-2009.

O Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu título V os criterios de admisión nos ciclos formativos de graos medio e superior de formación profesional específica.

A Orde do 5 de xuño de 2007, pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, na súa disposición derradeira primeira autoriza a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as normas precisas para o seu desenvolvemento, así como para fixar prazos diferentes aos previstos nesta orde para a admisión de solicitudes e para a formalización de matrícula.

A Orde do 13 de maio de 2008, pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo IV o procedemento de acceso e matriculación do alumnado que desexe cursar este tipo de ensinanzas.

Na súa virtude, esta dirección xeral,
RESOLVE:
I. Admisión a ciclos formativos.
Primeiro.-Prazo de presentación de solicitudes de admisión e documentación.
1. Con independencia do réxime solicitado, ordinario ou de persoas adultas, e consonte o disposto na Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2008-2009 serán os seguintes:

a) O prazo ordinario será do 17 de xuño ao 2 de xullo, ambos incluídos.
b) O prazo extraordinario abranguerá desde o día 1 ao 12 de setembro, ambos incluídos.

DOG 12/06/08
< Anterior   Seguinte >
 
Instantaneas

Esta páxina ofrécese como plataforma para todos aqueles que se preocupan pola educación dos nenos. E non queren quedarse durmidos.

Internet dános a posibilidade de que participedes nela. Todo importa, cousas interesantes, problemas, actividades no voso colexio... envíanolo e publicámolo.

Axenda federación
Septiembre 2026
L M X J V S D
311 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4
Imagen
015.jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra