NON TE DURMAS
04 de Novembro 2026
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow Correo
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 
Medio Ambiente de Pontevedra propón unha experiencia de producción de compost nas escolas da cidade PDF Imprimir E-mail

Dende a Concellaría de Medio Ambiente Natural preténdese poñer en coñecemento das novas xeracións as tres R: reducir, reciclar e reutilizar e consideramos que o mellor sitio para comezar con este propósito son os centros educativos. Aproveitando residuos producidos nos comedores escolares no Programa Madruga e os dos espazos axardinados dos centros educativos, e despois de seis meses,  se recolle un sustrato de gran calidade co que aboar as hortas, xardíns e maceteiros dos centros, ou das casas dos nenos.

O proxecto que se presenta formúlase como unha experiencia de producción de compost mediante a instalación de composteiros nos centros educativos do Concello de Pontevedra. O programa baséase nun sistema tecnolóxico e educativo, que pretende retomar solucións propias da cultura popular galega.

O proxecto consiste na instalación dun composteiro que permite protexer a masa de residuos dos axentes externos non desexados e acelerar a súa descomposición. O proxecto educativo consiste na explicación asequibel aos usuarios tanto no proceso de compostaxe como da xestión dos residuos en xeral, e dos aspectos ecolóxicos e ambientais relacionados.

Para isto, faise un seguimento dos composteiros, programándose visitas nunha fase inicial intensiva que se prolonga durante un semestre. Esta fase intensiva remata cunha avaliación tanto do resultado do tratamento como do proceso educativo, pensando ademáis en favorecer futuras actuacións.

Para que a experiencia alcance os seus obxectivos, solicitase a vosa colaboración a través das APAs e dos centros educativos –cos que posteriormente poñerémonos en contacto-.

Grazas pola súa atención, reciban un cordial saúdo.

Celia Alonso Caramés

Concelleira Delegada de Medio Ambiente Natural

< Anterior   Seguinte >
 
Instantaneas
Unha escola  e unha sociedade onde todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades de recibir un ensino de calidade.
Unha escola  e unha sociedade  onde se aprenda a convivir  e se respecten e valoren as diferenzas.
Axenda federación
Noviembre 2026
L M X J V S D
2627282930311
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 1 2 3 4 5 6
Imagen
020.jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra