NON TE DURMAS
03 de Novembro 2026
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow Correo
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 
Plan PROA (Programa de Reforzo, Orientación e Apoio) PDF Imprimir E-mail
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén desenvolvendo desde o curso 2005-06 en colaboración co Ministerio de Educación e Ciencia o Plan PROA (Programa de Reforzo, Orientación e Apoio). O programa pretende: potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado mellorando as expectativas sobre as súas propias capacidades; axudarlle na formación do seu autoconcepto e na súa integración social; facilitar a continuidade na progresión da acción educativa; incrementar a relación e a comunicación coas familias, favorecendo así a súa implicación no desenvolvemento dos seus fillos e das súas fillas, etc.
Está claro que é un proxecto moi ambicioso e que as súas repercusións son múltiples e variadas, non sendo a menos importante a mellora do clima do centro e da convivencia nas aulas, porque un alumnado motivado para afrontar o estudo e as aprendizaxes diarias, un profesorado comprometido coa súa labor e unha familia implicada coas actividades escolares son sen dúbida a clave do éxito escolar e esta é a súa finalidade última:
contribuír ao incremento da taxa de éxito escolar.


As características máis salientables deste Plan son as seguintes:
  • Está dirixido ao alumnado de último ciclo de educación primaria e ao de primeiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria de centros públicos.
  • É un programa que pretende valorar o esforzo demostrado polos centros públicos en potenciar accións que os dinamicen.
  • Durante o curso 2005-06 adscribíronse a este programa un total de corenta centros da nosa comunidade, vinte dos cales son centros de educación infantil e primaria ou de educación primaria e outros vinte en centros de educación secundaria.
  • O curso 2006/07 ampliouse a oferta a trinta e seis centros máis, tendo en conta que os centros educativos que se acolleran ao mesmo o curso anterior, permaneceron nel, agás renuncia por causa xustificada.
  • Este ano unha vez máis, e unha vez avaliados os resultados e implicacións positivas que se aprecian nas comunidades educativas que o están a desenvolver, amplíase novamente a posibilidade de participación a 81 novos centros, segundo a seguinte relación:
- 39 centros na modalidade de acompañamento escolar en educación primaria.
- 21 centros na modalidade de acompañamento escolar en educación secundaria obrigatoria.
- 21 centros na modalidade de apoio e reforzo en educación secundaria.
  • Deste xeito, para o  curso 2007/08, podemos contar con:
- 77 centros na modalidade de acompañamento escolar en educación primaria.
- 40 centros na modalidade de acompañamento escolar en educación secundaria.
- 40 centros na modalidade de apoio e reforzo en educación secundaria.
Centros adheridos o plan PROA  no curso 2007/08

  1. Os centros adscritos ao Plan PROA, reciben unha dotación económica para o desenvolvemento do programa elixido, polo que foron seleccionados.
  • Estrutúrase, como se pode apreciar na distribución dos centros, en dúas modalidades: de acompañamento escolar, dirixido ao alumnado de primaria (3º ciclo) e ao dos dous primeiros cursos de secundaria; e de apoio escolar, dirixido só aos centros que imparten esta etapa obrigatoria de secundaria. Cada unha destas modalidades presenta unhas características propias que se describen a continuación

Modalidade de acompañamento escolar en centros de educación primaria e secundaria

· É unha acción dirixida ao alumnado que presenta dificultades relacionadas coa ausencia de hábitos de traballo, escaseza de motivación, atraso no proceso de maduración persoal, pobre integración no grupo e no centro, aprendizaxe deficiente das áreas instrumentais e que por diversos motivos (por exemplo, laborais) non pode recibir o apoio e reforzo que precisa no seo da súa familia; aínda que exista a vontade de facilitar esta axuda.
· Pretende reforzar as competencias básicas, mellorar as habilidades e actitudes asociadas á lectura, reforzar a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo, alentar ao estudio e propoñer formas de traballo eficaces.
· En cada centro pode haber ata dous grupos de alumnado destas características. A selección do alumnado realizaraa o equipo docente baixo a coordinación da xefatura de estudios, co asesoramento do xefe ou xefa do departamento de orientación do centro. Non obstante, para a eficacia do proxecto é fundamental o liderado activo do equipo directivo e a súa implicación manifesta diante da comunidade educativa.
· En liñas xerais, cada grupo estará ao cargo dun profesor ou profesora, que realizará o acompañamento fóra do horario lectivo do centro, dous días na semana, en módulos de dúas horas. Un profesor ou profesora do centro desenvolverá labores de coordinación entre as partes: profesorado titor, alumnado, familias,...
· As familias deben dar o seu consentimento por escrito á participación dos seus fillos e fillas no programa, considerándose a asistencia e permanencia, dalgunha maneira, como un compromiso en firme, do que en gran medida vai depender o éxito do programa. Así mesmo, deben comprometerse no apoio e motivación ás actividades que se desenvolven no programa durante a duración do mesmo.

Modalidade de apoio en centros de educación secundaria

· Esta modalidade vai dirixida a optimizar o funcionamento e os resultados dos centros no seu conxunto, mellorando os resultados educativos tanto na cantidade como na calidade das aprendizaxes, así como na integración escolar do alumnado.
· Funciona en base a programas dirixidos a diferentes ámbitos: alumnado, familias e contorno, con diferentes liñas de traballo, que se detallan na solicitude anexa. Os centros que se incorporen por primeira vez deberán escoller dúas liñas de traballo de entre os que se ofertan no ámbito do alumnado, e unha liña en cada un dos restantes.

< Anterior   Seguinte >
 
Instantaneas
Federación de asociacións de nais e pais de alumnos de centros públicos integrada en confapa e ceapa,
Defendemos a  escola publica  como unha comunidade educativa, laica,  democrática, participativa e de calidade.
Axenda federación
Noviembre 2026
L M X J V S D
2627282930311
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 1 2 3 4 5 6
Imagen
DSC02930.jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra