NON TE DURMAS
04 de Outubro 2026
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow Prensa arrow A titular de Educación plantexa propostas na loita contra do fracaso escolar
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 
A titular de Educación plantexa propostas na loita contra do fracaso escolar PDF Imprimir E-mail
Laura Sánchez Piñón subliñou que as taxas de titulados en educación posobrigatoria en Galicia están “moi por debaixo” con respecto a Europa. Neste sentido, especificou que en bacharelato as cifras galegas e europeas son moi similares, pero en formación profesional, as diferenzas son máis notables. Segundo a máxima responsable de Educación, o feito de que non haxa máis titulados en FP responde á baixa valoración que o alumnado ten destas ensinanzas, herdada dunha época ditatorial na que un título universitario garantizaba o ascenso e a consideración social. A máxima responsable da Administración educativa apostou por revalorizar a percepción que a sociedade social ten da FP, que ao seu xuízo, “é boa e ten moitas saídas”, e que suporá tamén a creación de emprego de calidade.Tamén no capítulo do incremento de titulados da educación posobrigatoria, Laura Sánchez Piñón salientou que este reto suporá tamén poñer fin ao fracaso escolar que se percibe nos últimos anos. Para a conselleira de Educación, o fracaso ten dúas vertentes, os baixos índices de titulados e o feito de que o alumnado non acade o coñecemento suficiente en competencias básicas como son a lectura, ciencias ou matemáticas. Neste eido, “estamos a traballar con programas de diversificación curricular e facendo grupos máis pequenos”, salientou.

Laura Sánchez Piñón destacou que o programa PROA, posto en marcha recentemente en 40 centros galegos, supón unha aposta da Consellería por acabar co fracaso escolar ao tempo que se atende a diversidade. “É un programa ambicioso e interesante, porque é de participación de toda a comunidade educativa”, asegurou.

En relación coas novas iniciativas postas en marcha recentemente no ámbito educativo, Laura Sánchez Piñón valorou a gratuidade dos libros de texto destacando a satisfacción amosada por todas as ANPAs. Referíndose ao plan de loita contra a droga posto en marcha polo Ministerio de Interior, a conselleira de Educación destacou que aínda que en Galicia os datos non son para crear unha alarma social, a iniciativa do Ministerio “está funcionando ben, con discreción, e os resultados son bos”.

FORMACIÓN DE VALORES.- A conselleira de Educación avogou tamén por incrementar o papel da escola como centro de formación de valores. Ante unha enquisa recente na que os xoves parecen xustificar actitudes de violencia de xénero, Laura Sánchez Piñón destacou que a familia ten un papel fundamental na formación deste valores, e a escola pode reforzar estas actitudes ou incluso corrixilas. Neste sentido, desde a Administración educativa “traballamos en moitos deseños transversais para que non sexa unha materia senón unha actitude da vida” e “temos que implicarnos todos”.

Referíndose á tramitación parlamentaria da LOE, a conselleira de Educación subliñou que o texto foi respaldado por practicamente toda a comunidade educativa e lamentou que non tivese o apoio do Partido Popular, “pero non impide que non desenvolvemento da Lei non acade máis apoios”. Laura Sánchez Piñón confía en que esta Lei revalorice a figura do profesor, que nos últimos anos se veu un tanto deteriorada.

Fonte: Xunta.es
< Anterior   Seguinte >
 
Instantaneas

Esta páxina ofrécese como plataforma para todos aqueles que se preocupan pola educación dos nenos. E non queren quedarse durmidos.

Internet dános a posibilidade de que participedes nela. Todo importa, cousas interesantes, problemas, actividades no voso colexio... envíanolo e publicámolo.

Axenda federación
Octubre 2026
L M X J V S D
2829301 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1
Imagen
013.jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra