meixome
Usuario
Junior Boarder
Mensajes: 5 | |
|
Re:Comedores escolares - 2006/08/31 13:24
Non é igual en todas partes.
Nos colexios de ámbito rural que teñen tamén transporte, quen se encarga de que haxa comedor escolar é a propia Consellería de Educación.
Nos centros urbanos, sen transporte, "enténdíase" que os nenos podían sempre ir comer á súa casa e por iso non había comedores escolares atendidos pola Consellería. Eran os pais, a través das ANPAS de cada centro, ou por medio da federación de pais correspondente, quen cargaba coa organización e co custo de todo. Nalgúns casos, as ANPAS recibían o apoio financeiro do Concello.
Todo isto está cambiando a partir deste ano 2006-2007 porque a Consellería ten o compromiso de estender a rede pública de comedores tamén ao ámbito urbano. A maneira mellor de saber este tipo de cousas é preguntarlle á túa ANPA concreta.
Un saúdo,
Antón
|