Ludoverán 2016

Información do Programa de ludotecas de verán que xestiona a FANPA en colaboración co Concello de Pontevedra.

  • O prazo de inscrición comeza ás 9.00h do 6 de xuño, na sede da FANPA ou mediante correo electrónico a ludotecas@nontedurmas.org.
  • O servizo complementario de comedor no caso dos nenos inscritos na infantil do Crespo Rivas, deben inscribirse para o comedor de Campolongo
  • O horario xeral da ludoteca é de 9.00 a 14.00 pero
    • esténdese de 8.30 a 14.30 para aqueles pais que o necesiten
    • pódese saír a partir das 13.30, co rogo de comunicalo aos monitores correspondentes.
[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2016/05/ludoveran2016_final1.pdf”] [pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2016/05/ludoveran2016_final2.pdf”]

Descargar

 

Comentarios13

Os comentarios están pechados. Xa non pode engadir novos comentarios.

  1. Boas tardes!
    Quero informar de que o banco Sabadell cobra unha comisión de 2€ por concepto. Polo tanto incrementásenos o prezo da ludoteca en galego en 8€ polas 4 quendas. Isto nunca nos pasou con outros bancos. Paréceme excesivo e inxusto e quero que a empresa o teña en conta para outras ocasións. Grazas.

    1. Non tes que facer un ingreso por cada quenda. Podes facer un único ingreso co importe total. Simplemente no concepto, ademais de poñer o nome/s dos nenos, pon as quincenas correspondentes: 1xullo, 1e2xullo, ou algo así simple.

  2. En la página en la que incluís el acta de reunión de contratación de empresas para ludoverán, separais ludotecas, actividades deportivas y actividades en inglés (creo que se llaman así). Y son distintas empresas…entonces dependiendo del cole al que vaya, habrá una empresa distinta o todas las actividades de los coles son ludotecas. No me queda claro…realmente lo que me interesa es saber qué empresa llevará las actividades del Vidal Portela. Gracias!

    1. Ola Beatriz,
      No Vidal Portela terá lugar o “campamento de inglés” a cargo da empresa Instituto Interculturas (http://institutointerculturas.com/).

      O contido das ludotecas é distinto segundo o centro, precisamente para que haxa variedade de escolla en función do que vos poida interesar máis.
      Cada modelo de ludoteca ten as súas propia programación diaria para que poidades facer un seguimento en concreto: http://www.nontedurmas.org/actividades/cronogramas-de-ludoveran-ingles/

  3. Buenos días,

    vais a entregar los impresos de inscripción de las ludotecas de verano en los colegios o tenemos que cubrirlos por los que tenéis en vuestra página?? por ejemplo, en el C. Campolongo, no lo entregasteis, no?? el plazo empieza el 6 de Junio, ¿pero cuando acaba?.

    Gracias y un saludo.

    1. Bos días,
      Estanse repartindo desde o venres nos Centros, agora estamos pendentes que neles xa se repartan a través dos alumnos pero, efectivamente, non necesitas agardar a que chegue por esa vía, a descarga e utilización do modelo que hai no web é perfectamente aceptable.

      Como consta nas instrucións publicadas, comeza o 6 e remata o 10 de xuño, en horario de 9.00 a 14.00h e pódese entregar persoalmente na sede da FANPA ou ben por correo electrónico.

  4. Bos días,
    vades entregar os formularios de inscrición nos colexios o facémoslos por esta páxina?? No C. Campolongo todavía non os entregaches, non?? o prazo comenza o 6 de Xuño e remata, cando??

  5. Cal é o motivo de que este ano non teñamos ludoteca no Limeses??? Decir tamén que non temos mais que recoñecemento para o traballo de Anias nestas ludotecas durante os anos pasados, esperemos que as novas empresas estén á sua altura.

    1. Ola Pilar,
      A razón de que non haxa ludoteca no Álvarez Limeses é que están previstas obras durante o verán.
      Respecto do recoñecemento a Anias, nós tamén nos alegramos de que te tiveses unha experiencia positiva do seu funcionamento, que esperamos se repita este ano. Por certo, que Anias levará a cabo este ano a ludoteca deportiva da FANPA, por se é do teu interese asistir.

  6. As dúas páxinas son a páxina un. Hai un erro. Falta por colgar a páxina dous.
    Grazas.