As xestións de comedor para o curso 2021-2022 faranse a través da app Colechef

Neste novo curso reactivarase o funcionamento de Colechef co obxectivo de facer a xestión diaria máis cómoda e integral.

As familias teñen ata o día 31/08/2021 para poder xestionar os trámites para setembro, que se deben realizar a través da aplicación.Para calquera consulta non dubide en trasladárnola (info@arumeservicios.gal)

O servizo de comedor ten un código asociado para activar a conta rexistrada na app do servizo, polo que é necesario introducir correctamente o código asociado a cada centro.

A seguir poñemos unha ligazón para descargar as instrucións correspondentes por centro.