NON TE DURMAS
11 de Febreiro 2026
FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS DE PONTEVEDRA
FEDERADA EN CONFAPA E CEAPA
  Inicio arrow Actividades arrow PLAYING IN ENGLISH 2009/10 NOS COLEXIOS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA
Menú principal
Inicio
Quen somos
Federación
As ANPA
Comedores
Familias
Axenda
Actividades
Debate
Prensa
Lexislación
Preguntas frec.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Queixas, propostas
Contacto
Taboleiro de anuncios
Foro
Galería
Ligazóns
Engadir ligazón
Buscar
Correo
Lo mas visitado
Formulario de Rexistro
Nome de usuario

A súa chave?

Lémbreme
Esqueceu a súa chave?
Quere rexistrarse? Faino aquí
 
PLAYING IN ENGLISH 2009/10 NOS COLEXIOS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA PDF Imprimir E-mail

Dende FANPA-PONTEVEDRA traballamos un ano máis para poder ofrecerlles actividades alternativas e formativas aos seus fillos/fillas, é un dos nosos obxectivos contribuír na mellora da educación, polo cal queremos presentarlles a actividade  “Playing in English”, un programa de cultura inglesa oral, como complemento ao inglés que xa teñen nos colexios para este curso 2009/10, despois da grande aceptación que tivo no curso pasado.

Dende a Federación somos conscientes da importancia de que os nosos fillos e fillas comecen na aprendizaxe da lingua inglesa dende pequeniños, sobre todo en canto se refire aos aspectos da comprensión e expresión, pola que a citada actividade funcionará como novidade este ano para o segundo ciclo de educación infantil.

As clases serán impartidas por  KITH ENGLISH INSTITUTE, que ten esta especialidade dende hai máis de 25 anos en España, conta con  moita experiencia, amosando no seu traballo cotiá seriedade e responsabilidade.

Os horarios para o curso 2009/10 será o seguinte:

Luns e mércores, en horario de 16:30 a 18:30 hrs ( Educación Primaria) no CEIP CAMPOLONGO

Luns, martes, mércores e xoves de 16:30 a 18:30 hrs (Educación Infantil e Primaria) no CEIP FROEBEL

O CUSTO SERÁ DE 29 € MENSUAIS PARA SOCIOS/AS DA ANPA E 30 € PARA OS NON SOCIOS, QUE PAGARÁN POR DOMICILIACIÓN BANCARIA

As clases terán duración dunha hora, os grupos serán como máximo de 15 alumnos/as, que irán agrupados por idades e cursos. Cabe destacar que todos os alumnos/as do ano pasado teñen praza reservada para este curso, pero teñen que chamar ao Kith para facer a renovación automática, o que si puideran sufrir variacións son os horarios e os grupos, dependendo das matrículas.

O programa basease nunha aprendizaxe natural da lingua, en grupos reducidos, con uniformidade lingüística, profesorado especializado e clases con dinámica de conversa. As mesmas refórzanse con materiais audiovisuais, cancións, xogos, DVD´s, etc… intentando non recarga-lo alumno, senón exporlle a aprendizaxe coma un xogo noutro idioma. 

Este Instituto é un centro examinador oficial do Trinity College London, e por conseguinte terán a posibilidade de prepararse e examinarse para esta prestixiosa titulación.

Queremos invitalos a unha charla informativa, que terá lugar no Salón de Actos da Obra Social de Caixanova , na rúa Augusto González Besada de Pontevedra o vindeiro  mércores 30 de setembro as 20.30h. As familias interesadas, recibirán as follas de matrícula e toda a información que precisen.

A matrícula será o xoves día 1 e o venres 2 de outubro en FANPA-PONTEVEDRA.

AVISO: QUEDAN PRAZAS BALEIRAS E O INICIO DA ACTIVIDADE SERÁ NA SEMANA DO LUNS 2 DE NOVEMBRO, O COMEZO DOS GRUPOS SERÁ EN FUNCIÓN DOS DÍAS QUE TEÑAN CLASE.

< Anterior   Seguinte >
 
Instantaneas

Esta páxina ofrécese como plataforma para todos aqueles que se preocupan pola educación dos nenos. E non queren quedarse durmidos.

Internet dános a posibilidade de que participedes nela. Todo importa, cousas interesantes, problemas, actividades no voso colexio... envíanolo e publicámolo.

Axenda federación
Febrero 2026
L M X J V S D
2627282930311
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 1
Imagen
todos difer .jpg
Ultimas noticias
 
Ceapa
cultura común galego-portuguesa
FAPAS Pontevedra - c/ Alfonso XIII, 7 - 3º - 36002 - Pontevedra - España - Tel: 986 84 34 12 - MÓVIL: 696 95 42 10
dir. postal: Apt. correos 511 - 36080 Pontevedra