Aventura en familia 2023

Visita Castelo de Sobroso. 3 de xuño

Saída autobús dende o Pazo da Cultura ás 9:30 horas.
Ruta guiada polo castelo. Ruta de sendeirismo. Visita á praia fluvial de Mondariz.
Cada participante ten que levar o seu xantar. Será comida en zona de picnic.
Regreso dende ás 18 horas.

Prezo por persoa:

Socios de ANPA federada na FANPA: 8 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 10 EUROS


KAYAK libre en familia 21,28 de maio 4 e 11 de xuño ás 11 horas (anotarse só a unha data por familia)

En Ecoparque Atalaia en augas tranquilas nun tramo de aproximadamente 1km no Río Lérez, cun precioso bosque de riveira (o monitor entrega a equipación-chaleco salvavidas). 1 hora de duración. É necesario levar unha muda completa de roupa.

Prezo por persoa:

Socios de ANPA federada na FANPA: 5 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 8 EUROS

Paddle surf en familia. Sábados 1,15,22 e 29 de abril e 6,13,20 e 27 de maio de 11:30 a 13:30 horas. (a actividade é os 8 sábados non se pode acudir por días soltos)

Actividade que se levará a cabo na praia fluvial do Lérez. Os monitores entregan neopreno, tabla e todo o material necesario para levar a cabo a actividade.

*Aquelas persoas que falten a actividade de xeito reiterado (máis de 3 sesións das 8 que son) sen causa xustificada documentalmente, quedarán amoestados para poder participar en futuras edicións das actividades de aventura en familia.  

Prezo por persoa:

Socios de ANPA federada na FANPA: 25 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 35 EUROS

TIROLINAS EN FAMILIA. 20 OU 27 de maio DE 11 A 14 HORAS. (anotarse só a unha data por familia)

Actividade a realizarse no Ecoparque Marín. É un circuíto arbóreo para practicar o equilibrio e a destreza corporal.
Está incluído todo o material para a práctica desta actividade.

Prezo por persoa:

Socios de ANPA federada na FANPA: 6 EUROS
Non socios de ANPA federada na FANPA: 10 EUROS

INSCRICIÓN:

Mediante correo electrónico a actividades@nontedurmas.org, onde debe figurar a seguinte información:

– Nome e apelidos de todas as persoas participantes e teléfono de contacto.
– Aventuras e datas nas que se inscriben. No caso das do kaiak e tirolinas debe figurar a data na que se inscribe.
– Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.

Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de entrada do correo electrónico. Recibirán un correo confirmando se ten as prazas solicitadas adxudicadas. Unha vez recibido este correo, disporán dun prazo de 24 horas para realizar o pago, mediante transferencia bancaria na conta:
ES16 2080 5403 4030 4011 9244
e enviarán o xustificante de pago ao correo actividades@nontedurmas.org.

Non se fará devolución da contía salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente.

DATAS DE INSCRICIÓN: Do 25 de marzo ás 9:00 horas ao 15 de abril do 2023 ás 14:00 horas.
Non se admitirán inscricións fora deste tramo horario.


Info en PDF: