Coordinación de festivos en Primaria e Secundaria para facilitar a conciliación

…o ano pasado, os centros de Primaria e os de Secundaria escolleron datas diferentes polo que aquelas familias que teñen fillos simultaneamente en ambos niveis educativos se ven impactadas dúas veces no mesmo curso, dous días, con calendarios diferentes. Se…

Estudiantes e familias denuncian que o Min. Educación incumpre os seus compromisos en materia de convivencia escolar

CEAPA e CANAE denuncian que o Ministerio de Educación se comprometera a realizar certos  que non incorporaron ao Real decreto aprobado o pasado venres sobre convivencia escolar. [pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2018/01/NP-CANAE-CEAPA-Observatorio-Convivencia.pdf” title=”NP CANAE CEAPA Observatorio Convivencia”]

CONFAPA-Galicia reclama garantías á Consellería para o funcionamento compartido do transporte escolar

[pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/06/Comunicado-transporte.pdf” title=”Comunicado transporte”] Por outro lado, dada a actual folga, cremos que é necesario facerlles chegar aos centros peticións para que o teñan en conta á hora de programar exames ou avaliacións. Preparamos para iso un documento que vos…

Comunicado de aclaración sobre a proposta da Consellería de compartir transporte escolar

Ante as informacións, sen contrastar debidamente, publicadas por La Voz de Galicia o día 17 de maio, Confapa Galicia debe aclarar que en ningún caso se deu apoio á proposta dos responsables da Xunta de Galicia. [pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/05/Comunicado_Transporte_-Confapa.pdf” title=”Comunicado_Transporte_ Confapa”]…

Confapa Galicia propón dar unha oportunidade ao diálogo ante a folga no Ensino Público convocada para 9 de marzo

Apréciase un bo comezo dos traballos da Subcomisión parlamentaria que busca un pacto educativo e considérase derrogadas as reválidas [pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/02/Comunicado-á-prensa-folga-9-03-17.pdf” title=”Comunicado á prensa folga 9-03-17″]

Confapa Galicia retírase da convocatoria de folga do 9 de marzo

Confapa Galicia entende que debe darse unha marxe de tempo á subcomisión de Educación do Congreso dos Deputados para avanzar no desexado pacto político de consenso pola Educación. [pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2017/02/Comunicado-folga-marzo-17.pdf” title=”Comunicado folga marzo-17″]

Comunicado conxunto sobre a aprobación no Congreso da proposta de suspensión do calendario LOMCE

Queremos recordar aos grupos políticos da oposición o seu compromiso de derrogación da LOMCE e demandámoslles que acaden os consensos coa comunidade educativa para a construción dunha nova lei integradora e duradeira. [pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2016/11/16-11-16-Comunicado-valoración-Parlamento.pdf” title=”16-11-16-comunicado-valoracion-parlamento”]

Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia

A posta en marcha das reválidas, a redución de profesorado, o incremento da afinidade e o peche de escolas marcan o inicio do curso en Galicia [pdf-embedder url=”http://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2016/09/160912-COMUNICADO-DA-PLATAFORMA-EN-DEFENSA-DO-ENSINO-PÚBLICO-DE-GALICIA-CON-MOTIVO-DO-INICIO-DE-CURSO-2016.pdf” title=”Inicio de curso 2016″]

Comunicado da FANPA sobre as avaliacións de Primaria

photo_2016-05-06_11-33-32Este comunicado resume o sentir xeral dos representantes das ANPA reunidas na sesión informativa do 5 de maio de 2016 (acceso ao vídeo)

Ao remate do comunicado tedes modelos de documentos para escusar ou protestar

logo_cartas_fanpa

Cal é a posición da FANPA?

A FANPA manifestouse claramente desde a aprobación da LOMCE en contra do sistema das chamadas reválidas polo seu carácter «avaliativo», é dicir, porque tales probas teñan algunha función respecto do expediente académico ou que poidan servir para discriminar alumnos polo seu rendemento.

A FANPA aspira a un sistema educativo que responda ás necesidades específicas dun século XXI onde as competencias relacionadas coa creatividade e coa diversidade estanse a demostrar como fundamentos para as sociedades do futuro.

A FANPA avoga polo sistema de «avaliación continua», ponderando o carácter puramente instrutivo con outros aspectos formativos, ademais do contexto educativo, entendendo que, como comunidade que aspira á sociedade do coñecemento, non podemos renunciar a ningunha competencia por heterodoxa que sexa.

Consideramos que o rendemento do sistema educativo debe verificarse pero a calidade mídese tendo en conta todas as súas funcións sociais como sistema para a formación persoal: instrución académica, integración da diversidade, desenvolvemento integral, potenciación do talento dos alumnos, orientación de valores e condutas democráticas, etc

Tampouco compartimos o feito de que se avalíen unicamente as disciplinas de lingua, matemática e ciencia, porque son as que non están orientadas á función «produtiva» dos cidadáns, deixando á parte as artísticas, deportivas e sociais. Non entendemos a que obedece marcar esta xerarquía entre materias curriculares, de modo que ante a esixencia de conseguir o nivel só nestas, a alumno minusvalore as demais; realmente recórdanos a aquilo de lectura, escritura e facer as catro contas da época preindustrial.

Considerar control de calidade o feito de preocuparse só das competencias avaliadas con estas probas é unha miopía enorme para o futuro da nosa sociedade que deberá sacar o máximo da creatividade e da harmonización da diversidade.

Insistimos en demandar que se retire o carácter avaliativo destas probas xa que non son pertinentes no sistema educativo. En todo caso, máis que avaliar competencias finais de alumnos, deberían estender a súa mirada a todo o proceso educativo e a todos os axentes del e prever medidas de actuación.

Estas avaliacións non recollen nada respecto do profesorado, da inspección educativa, dos sistemas de orientación educativa, dos especialistas en PT, AL, das infraestruturas e os medios dispoñibles… é perfectamente posible que os alumnos consigan superar estas avaliacións formalizadas e, non obstante, acaben por sufrir fracaso ou abandono escolar. Non garanten a funcionalidade do sistema educativo nin a formación para a vida adulta.

Boicot?

A FANPA non pretende servir os intereses de grupos profesionais, políticos ou de calquera outro interese corporativo, aínda que tamén sexan lexítimos. Por esta razón a FANPA non secunda o calendario de mobilizacións, nin vai participar en manifestacións. A vía de protesta da FANPA realízase a todos os niveis (Consello Escolar do Estado, Consello Escolar de Galicia, consellos escolares de centros, declaracións públicas da súa Xunta Directiva, Inspección educativa, comunidades escolares, etc). O Goberno faría ben en telos en conta máis porque ofrecen verdadeiras oportunidades de mellorar; actuar a golpe de Diario Oficial non deixa de ser o auténtico boicot.

Consideramos que a participación ou non nas probas de avaliación pertence ao ámbito de decisión concreto de cada familia. Somos conscientes da confusión xerada polas continuas modificacións legais, a falta de claridade e información con manipulación constante da linguaxe que utiliza a Administración e a improvisación das autoridades educativas.

A isto súmase a inseguridade que producen os anuncios de futuras modificacións destas probas, a inconsecuencia entre a LOMCE e os decretos que a aplican, as declaracións dos responsables políticos pedindo «confianza» ou a recente aprobación por maioría absoluta no Parlamento español da paralización da súa aplicación, que o Goberno en funcións non acepta.

Neste sentido, compre lembrar que a LOMCE define as probas como especialmente relevantes para demostrar o dominio de competencias necesarias para pasar de etapa, mentres que o desenvolvemento galego omite este requirimento. É previsible que en futuras convocatorias se apliquen as determinacións da LOMCE na súa totalidade.

Non somos os pais os que imos incumprir a lei; ao contrario do que indica o señor ministro, cremos que son as propias autoridades educativas as que presionadas por unha opinión pública maioritaria contraria, cando estamos de novo nun proceso electoral, se permiten modificacións unilaterais e de última hora do previsto na Lei e mesmo insubmisión ao disposto nela, co que a invalidan ou fan inútil.

Consecuencias para aqueles que non realicen as probas?

Tanto FANPA como Confapa-Galicia confiamos en que non terá consecuencias e tentamos saber como manexarán os centros e a Consellería a marxe discrecional da que dispoñen. Remitímonos para isto á resposta do Director Xeral de Educación da Consellería e á circular emitida pola propia Consellería dirixida ás familias. Só constará unha especie de «non presentado». Non obstante, sospeitamos que no caso de presentarse e obter unha nota negativa poida ter consecuencias, especialmente en ESO.

É evidente que a Consellería está facendo todo o posible para cumprir a letra da lei pero quitándolles o ferro que poderían levar estas avaliacións; as probas serán fáciles e a corrección xenerosa, seguramente. A nivel estatal, non debe esquecerse que hai comunidades autónomas enteiras que non as van facer, polo que debemos considerar que serán como unha convocatoria a un “acto oficial sen transcendencia”.

Hai dúas maneiras en que se presenta a non realización das probas:

a) Por inasistencia

Esta Federación non pode deixar sen poñer enriba da mesa a diferenza entre a vontade política e a normativa administrativa de Educación. A decisión de presentarse ou non ás probas debe ser unha decisión informada e consciente.

De feito existe o protocolo de absentismo escolar que define claramente que a partir de 10 faltas nun mesmo mes, queda á vontade e criterio do Centro, abrir expediente por absentismo (art. 22 do decreto 229/2011, do 7 de setembro). É dicir, non hai garantía xurídica de que non presentarse á proba como xeito de protesta cívica se poida considerar falta xustificada.

Considérase falta xustificada (Protocolo para a prevención e control do absentismo escolar en Galicia):

  1. Con carácter xeral
    1. Citacións
    2. Morte ou enfermidade grave de familiar en 1º ou 2º grao
    3. Tramitación de documentos oficiais, presentacións a exames e probas oficiais
    4. Indisposicións (máximo 2 días lectivos)
    5. Enfermidade (polo tempo de prescrición médica)
  2. No caso de faltas de asistencia a clase do alumnado non contempladas no apartado anterior, quedará a criterio da dirección do centro a consideración das excepcionais circunstancias que concorran para a súa xustificación ou non. En todo caso, deberá garantirse o dereito á escolarización da alumna ou do alumno.

A xustificación das faltas de asistencia a clase realizarase ante o profesorado titor e por parte da nai, do pais, titores ou gardadores mediante: xustificante médico, documento acreditativo de deberes inescusables/ de exames/ de mortes ou calquera outro documento acreditativo da circunstancia que xustifique a ausencia.

b) Con asistencia pero negándose a realizala por desacordo

Non é posible non realizala. Unha vez dentro do centro escolar, os pais non poden opoñerse á actuación do Centro porque nese momento o centro escolar exerce a custodia escolar para todos os efectos. Lembremos que tanto a Administración, como o centro e os propios profesores están investidos como autoridades. Iso á parte da situación de choque para os nosos fillos de ter que opoñerse a realizar un exame ante os mesmos profesores que o avalían a diario.

É posible realizala pero manifestar ou facer que conste a nosa protesta.

A quen apoia a FANPA?

É necesario un acordo social para conseguir estabilizar un sistema de mellora e adaptación continua como demanda a realidade. A FANPA ten interese tamén en obter un método obxectivo e rigoroso para avaliar o correcto funcionamento dos centros, cuestión moito máis complexa. Necesitamos tanto unha escola competente como promotora de valores útiles de convivencia social. E non deixar a ninguén á parte, nin por abaixo nin por arriba; a escola pública trátase diso.

A FANPA vai estar apoiando tanto a aqueles pais que decidan que os seus fillos van acudir á convocatoria destas probas, cos seus consecuentes resultados avaliativos como a aqueles que non leven os seus fillos, como un acto de protesta cívica.

A FANPA apoia o esforzo dos centros por ofrecer o mellor cos recursos dispoñibles pero tampouco temos constancia das medidas, se as houbo, que tomou o ano pasado a Administración, á vista dos resultados da proba de 3º que se realizou no curso 2014-15 e que pouco se diferenza da de 6º no seu obxectivo final.

Se non van ser útiles por que se fan?

Sobre as probas hai que considerar tanto a súa funcionalidade coma o seu custo. A LOMCE considera estas probas como unha auditoría externa ao centro, mentres que a súa aplicación leva a que sexa o propio centro o que se avalíe a si mesmo, cun carácter de simple ferramenta de diagnóstico.

Non son funcionais para establecer o rendemento por:

  • non van ser xerais a todo o territorio
  • non se fan ao final do período escolar, co que interfiren no desenvolvemento do curso: resta tempo, adianta contidos, distrae recursos persoais e causa estrés
  • teñen un custo económico nada desprezable: segundo a prensa, estímase en máis de 1,5 millóns de euros, o que, dada a súa inutilidade, mellor estarían en contratación de profesores especialistas, en programas de apoio ou en proxectos de innovación, por exemplo
  • as probas non serven en absoluto para sacar adiante aos alumnos con dificultades educativas ou altas capacidades, ao contrario, supoñen un grave risco de seren utilizadas para truncar o desenvolvemento persoal dos alumnos
  • non serven para detectar talentos nin supoñen apostar por un sistema educativo aliñado coa economía do coñecemento: uniformización contraria precisamente á diversidade que se necesita, contraria ao fomento de aspectos creativos que só se poden valorar no longo prazo e por persoal debidamente instruído (aquí falábase hai pouco de ‘ceder’ o control das probas a «consultoras», o que nos deixa sen palabras) e contrario, por ende, ao pretendido pola propia LOMCE.

Que miden?

O sistema previsto de adaptación das probas a alumnos con necesidades educativas especiais só se considera no sentido de reducir, de adaptar cara abaixo o nivel de destrezas e competencias. Non se recollen adaptacións para altas capacidades para detectalas e orientalas. Tales adaptacións quedan sometidas ao criterio do profesorado, de modo que coinciden e colisionan coas avaliacións que levan ás cualificacións escolares. Avaliar os mesmos alumnos con criterios diferentes pero polos mesmos centros…

Tampouco serven para medir o desempeño dos centros, aínda que ese sexa o único temor que manifesta o gremio dos profesores e precisamente ese era o único aliciente para os pais. Estas probas non son ningunha garantía de avaliación do traballo nos centros. Non teñen ningún aval pedagóxico nin científico, xa que non constan sistemas de autocontrol.

Por que se crea unha base de datos independente?

É evidente que como non van ser datos globais, nin consecuentes cos criterios educativos preténdese que estean á parte do expediente académico, constituíndo de feito un sistema paralelo ao sistema de cualificación escolar cuxo fin non é outro que… o que o Goberno queira aplicar. Temos probas de que así é a teor das propias declaracións públicas tanto do señor ministro como do conselleiro de Educación.

Finalmente, valoramos que a Resolución e instrucións emanadas da Xunta de Galicia non cumpren coa propia LOMCE polo que consideramos que se todo se trata dunha acción custosa, confusa, inútil e contraproducente respecto da respectabilidade do sistema educativo público deste país. Non nos estraña que este sistema se reciba entre a indignación, a confusión e o escepticismo.

Vanse facer públicos os datos, as notas medias dos centros?

Se nos atemos, outra vez á fe, ás declaracións públicas, non se farán oficialmente públicos, nin por parte da Consellería nin por parte do Ministerio. Só serán accesibles para o propio centro; pero non cabe dúbida que, simplemente por existir e polos intereses creados, acabarán por filtrarse. Así que teremos uns ránkings de centros por zonas sen control oficial.

Un centro escolar, con todo o dito, xa sexa a posición relativa mellor ou peor, pode estar facendo un traballo excelente ou mediocre no seu contexto. E a proba de diagnóstico non o poderá dicir.

Non debemos esquecer que temos un sistema mixto de centros: públicos, concertados e privados. Os centros concertados e privados teñen un interese lexítimo en obter a máxima vantaxe comparativa respecto dos públicos. Se ademais son eles os que se autoavalían, hai un serio risco de nesgo de resultados e ademais a lei ou as instrucións oficiais non prohiben facer publicidade das estatísticas de notas de cada centro.

O Ministerio de Educación non prohibiu, nin sequera no ámbito da súa competencia (Ceuta e Melilla) que os resultados de notas medias se fagan públicos, só que non se fagan listas(BOE do 26 de abril).

A Consellería ao respecto non garante nada.

Anexos

Documentos de consulta

Textos e normas de referencia

A FANPA envía unha queixa ao Valedor por derivar responsabilidades ás ANPA

A FANPA, preocupada en relación coas responsabilidades recaídas recentemente sobre as ANPA, en relación coa protección de menores ante delitos de carácter sexual, comunica que acaba de presentar un escrito de queixa perante o Valedor do Pobo no que pon…

1 2 3