Licenzas

Nota informativa

Licenzas Creative Commons → Ver explicación

Por que son importantes no ámbito educativo?  Importantes non, esenciais.

Os contidos, que non son software nin programas, adoitan ser materiais elaborados polas profesoras e profesores debería ser libres por varios motivos

  1. Libre non significa que non teña autoría e que non haxa que respectala sempre. Nin sequera significa que teña que ser gratis.
  2. Se non é libre non se pode reutilizar, nin sequera por outros profesores
  3. A súa realización é sufragada integramente con fondos públicos, tanto porque os profesores cobran da Admón. por facelo como porque os medios e infraestrutura física e informática son de propiedade pública. Ademais de libres deberían ser de balde.
  4. Cando non se di nada no documento en cuestión ou na plataforma na que se difunde, por exemplo nas aulas virtuais dos centros, iso significa que eses materias son totalmente privativos (non se lles pode tocar a non ser que se obteña un permiso formal explícito do autor).
  5. Esquecen formar aos alumnos na cultura do procomún, e o coñecemento cultural, técnico e científico forma parte esencial do que consideramos patrimonio colectivo. Temos dereito a que sexa de acceso universal.

Incluso ao revés, dáse moito no ámbito educativo o feito de incluír contidos alleos (fotos, música, gráficos, artigos e textos de todo tipo) que se utilizan sen permiso, coa escusa de que se utilizan para a educación sen ánimo de lucro. Isto, ademais de incongruente coa realidade laboral dos docentes, maleduca os menores dándolles a entender que mentres non vendan a terceiros poden facer coa obra allea o que queiran. Legalmente isto é falso e os menores cometen unha falta segundo a lei e expóñense a seren reprimidos polas autoridades e o sistema de protección do copyright. (Ampliar)

Os contidos da FANPA teñen licenza

Atribución-Compartir igual  : CC BY-SA

Esta licenza permite a outros fusionar, axustar e recrear sobre a súa obra mesmo con fins comerciais, mentres lle ofrezan o seu recoñecemento e as súas novas obras teñan os mesmos termos. Esta licenza adoita compararse ás licenzas de software libre «copyleft» e de código aberto.

Software Libre

Updated on 2017-01-12T12:49:06+01:00, by Xestión.