Programa de comedores escolares e almorzos matinais en Pontevedra

Comedores

Os comedores escolares nos centros públicos de Pontevedra xestiónaos a FANPA por delegación de cada unha das ANPA dos colexios. A FANPA conta cunha Comisión de Comedores que fai un seguimento continuo en colaboración coas ANPA e a empresa concesionaria, elixida en concurso público.

O comedor escolar é un servizo educativo, ademais de contribuír á organización da vida familiar, que ofrece o Colexio, e como tal debe marcarse uns obxectivos:

  • Promover e desenvolver hábitos alimentarios saudables
  • Garantir unha dieta que favoreza a saúde
  • Promover hábitos hixiénicos saudables
  • Desenvolver o compañeirismo, o respecto e a tolerancia
  • Conseguir un ámbito físico e social saudable
  • Para conseguir estes obxectivos desenvolveranse unha serie de actividades que terán lugar no propio espazo e tempo de comedor escolar dos distintos ciclos de Educación Infantil e Primaria, atendendo á idade dos alumnos e alumnas.

Madruga

Moitas familias necesitan traer os seus fillos e fillas antes do horario lectivo ao colexio. Co fin de dar este servizo, organizouse o Plan Madruga de sete e media da mañá a nove. Este servizo utilízano aquelas familias que por motivos laborais ou por circunstancias persoais necesitan un horario máis amplo.

Preténdese con iso:

  • Dar servizo ás familias, facilitando a conciliación da vida familiar, laboral e escolar.
  • Ofrecer un lugar coñecido e cálido, con persoal cualificado que atenderá aos nenos e nenas, proporcionándolles un ambiente relaxado.
  • Evitar o cambio de lugar ou de persoas nestas horas da mañá.
  • Ofrecer a posibilidade almorzar entre as 8:00 e 8:30 ou ben de completar o almorzo de casa con algún alimento que poidan tomar neste tempo.

O servizo do Plan Madruga préstao a empresa que designa para tal efecto a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra por delegación de cada unha das ANPA e tras o correspondente concurso público que se somete a criterios obxectivos. A FANPA fai un seguimento continuo en colaboración tanto coas ANPA como coa empresa responsable.

Normas

Regulamento de madruga-comedor xestionado pola FANPA

Horarios

Curso 2022-23

Modelo de autorización para a saída do menor pola súa conta
(entregarase, xunto coa copia do DNI da nai/pai/titor, ao monitor)

DESCARGAR en PDF

DESCARGAR en formato editable

Plan Madruga e Comedores de Pontevedra

Updated on 2023-03-24T10:42:40+01:00, by Xestión.