Seguro de responsabilidade civil e de accidentes
Obrigatoriedade
Unha ANPA que realiza actividades extraescolares debe ter subscrito un seguro de responsabilidade civil. A FANPA igualmente ten esta obriga e mantén ao día o seu propio seguro de RC.
O seguro de RC cobre a todos os alumnos participantes nas actividades e tamén a todos os acompañantes e monitores que non son profesionais (os profesionais ou contratados por empresas, teñen a obriga de ter o seu propio seguro de RC). O seguro de responsabilidade civil asume as consecuencias económicas por reclamacións contra a AMPA (ou a FANPA) ou o persoal ao seu cargo, polos danos persoais ou materiais causados involuntariamente a terceiros nas súas actividades.
Non por capricho se distinguen as actividades extraescolares na que a responsabilidade total é da ANPA, respecto das actividades ou servizos complementarios, nas que a responsabilidade é do Centro, e subsidiariamente da Administración educativa, de modo total ou parcial segundo sexa o caso concreto da xestión de comedores e almorzos matinais, por exemplo. Non é o mesmo unha excursión programada polo Centro, á que acompañan monitores voluntarios que poden ser pais, a aquela programada pola ANPA.
Aínda que non é legalmente obrigatorio, recoméndase ter tamén un seguro de accidentes.
Lexislación
…
Orientacións
…