Resolución conxunta, de data 22 de setembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021”, así como os Protocolos de “prevención da transmisión da covid-19 no alumnado con necesidades educativas especiais para o ámbito educativo” e o de “prevenciónda transmisión da covid-19 nos comedores dos centros educativos non universitarios”.

RESOLVEMOS:Artigo primeiro.

Aprobar a actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 noscentros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, aprobado porresolución conxunta con data 22 de xullo de 2020 , quedando o texto consolidado quefigura como anexo

I.

Artigo segundo. Aprobar o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensinonon universitario de Galicia para o curso 2020-2021 para os nenos e nenas connecesidades educativas especiais, que figura como anexo

II.

Artigo terceiro.Aprobar o Protocolo de prevención da transmisión da covid-19 nos comedores doscentros educativos non universitarios, que figura como anexo

III.

Artigo cuarto. Os protocolos que son obxecto de actualización e aprobación pola presenteresolución serán plenamente aplicables desde a data da súa publicación na páxinaweb da Consellería de Cultura, Educación e Universidade(https://www.edu.xunta.gal/portal/),e manteranse ata o levantamento da declaraciónde emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello daXunta do 13 de marzo de 2020

 

 

Comentarios0

Deixa unha resposta