Arrinca no CEIP A Xunqueira I a campaña “Ao cole seguros”

O obxectivo é concienciar aos escolares sobre os desprazamentos aos centros, sexan a pé, en bus ou en coche

 

Un grupo de escolares de 1º e 2º de Primaria do CEIP A Xunqueira I de Pontevedra foron os primeiros destinatarios da campaña Ao cole seguros, unha iniciativa que impulsan o Real Automóbil Club de España (RACE) e o fabricante de pneumáticos Goodyear Dunlop e na que participa o Concello. O obxectivo da campaña é concienciar aos escolares sobre os desprazamentos seguros aos centros educativos, tanto como peóns como viaxeiros de autobuses e coches particulares. Os alumnos recibiron un chaleco reflector para facerse máis visibles e un caderno. Tamén se desprazou ao colexio esta mañá unha policía local e o concelleiro de Educación, Agustín Fernández. No 2011 faleceron en España 18 nenos atropelados, o 72 % en zona urbana.

Fonte;Voz de Galicia