A robótica busca novos adeptos

Cunha plantación de distintas variedades de plantas ornamentais e con festa rematou onte no Ceip Xesús Golmar de Lalín o campamento de verán de Voltereta, o programa de conciliación posto en marcha dende a anpa do colexio, que se mantén operativo ao longo do ano. «A festa serviu para dar por rematada a tempada estival pero non quere decir que Voltereta peche as portas. Continuamos traballando coma sempre, e agora xa nos estamos volcando no comezo do novo curso. Os nenos de tres anos terán o xa consabido periodo de adaptación e dende Voltereta se atenderán a eses cativos que sexa necesario xa que só estarán no cole unhas cantas horas», manifesta a presidenta da asociación lalinense Elena Buceta.

Fonte, Voz de Galicia