A ANPA de Meis denuncia o caos no seu centro e solicita o aprazamento do inicio do curso

En representanción da comunidade escolar a ANPA do CPI de Meis, ante a situación de illamento sanitario da directiva do centro, polo que non se puideron realizar os preparativos para un inicio seguro dos seus 250 alumnos tanto no aspecto lectivo como no de servizo de comedor, non parece de recibo que continúe o calendario como se non pasase nada.

As nais e pais, nesta situación solicitan un aprazamento para un inicio seguro do curso cando se cumpran as necesarias condicións:

Confirmación da desinfección do centro escolar

  • Confirmación de PCR negativas en todo o persoal do centro ou
    adaptación das medidas oportunas no caso de novos positivos.
  • Finalización das modificacións necesarias nas instalacións do
    centro a fin de que éste se adapte ó protocolo COVID
    recomendado pola Xunta de Galicia.
ANPA-A-CAPELA-Escrito-á-Consellería-de-Educación

Comentarios0

Deixa unha resposta