FANPA é unha organización do ámbito educativo composta polas asociacións de nais e pais que defende o dereito a unha escola pública gratuíta universal. Defendemos a escola publica como unha comunidade educativa, laica, democrática, participativa e de calidade!

Ir ao contido

Aforrar diñeiro!

Aforrar diñeiro!

Este web está construído exclusivamente con software libre con licenza GPL. Só se necesitamos algo máis exclusivo será necesario aboar o prezo dalgún módulo de pago, aínda que tamén será de código libre!

Compatíbel con multimedia

Compatíbel con multimedia

O tema empregado permite diferentes formatos de publicación con WordPress. Pódese engadir un audio ou un vídeo en calquera sitio do sitio web con facilidade.

Foro de comunidade

Foro de comunidade

De ser necesario, pódese engadir un foro bbPress como espazo de discusión dos usuarios do web. Non sería problema e integraríase con facilidade. Naturalmente, os comentarios ás publicacións son outro tema.

Pagamentos

Pagamentos

Pódese incorporar un sistema de pagamento electrónico adaptando un módulo de tenda (WooCommerce). O tema está especialmente preparado para integralo visualmente!

Posicionamento web

Posicionamento web

Hoxe en día é importante construír un sitio ou ao publicar calquera contido na Internet utilizar as mellores prácticas (SEO practices) para que os buscadores como Google recollan o sitio o máis alto posíble. Agora o web permite o uso dos chamados microformatos (estándar de Schema.org)

Libre. Absolutamente!

Libre. Absolutamente!

A tecnoloxía e os procedementos utilizados permiten agora e no futuro unha total liberdade para facer o que sexa necesario. Desde o propio servidor, ao CMS e finalmente o deseño e os contidos están incluídos no que se chama cultura libre!


Se formas parte dunha ANPA dun centro público contacta con nós para obter información de como asociar a túa ANPA e participar das nosas actividades

Se es unha nai ou un pai tamén podes participar das nosas actividades aínda que a túa ANPA non pertenza a esta federación.

Sorry, there is nothing to display here…

OS NOSOS SERVIZOS

A FANPA proporciona apoio ás ANPA, especialmente ás súas directivas, realiza actividades de formación para elas, defende os intereses do sistema de ensinanza pública, representa a nais e pais nas instancias administrativas: Concello, Xunta, Ministerio, etc. grazas a estar integrada nunha rede que vai do local ao estatal, organiza actividades extraescolares, de lecer, xestiona servizos de almorzo matinal (Programa Madruga) e de comedores, campamentos, proxectos de mellora educativa en vacacións e sempre cun criterio de inclusión, calidade e responsabilidade.


Ámbito Local

Como herdeira da Federación Teucro, no ámbito do Concello de Pontevedra, leva adiante un importante conxunto de servizos en colaboración con todos os centros escolares públicos da cidade.

Ámbito Provincial

En tanto que federación provincial, as ANPA socias están espalladas polas comarcas e vilas de toda Pontevedra, á que proporcionamos desde infraestrutura para a realización do seu traballo, como asesoramento legal, negociado de contratos para seguros, etc.

Ámbito Galicia

A FANPA está integrada en CONFAPA, que é a entidade representativa máis numerosa, alí conflúen as iniciativas e problemas que se transmiten directamente ás autoridades educativas autonómicas da Xunta de Galicia, como membros de CONFAPA temos representación directa no Consello Escolar de Galicia.

Inicio

Updated on 2016-02-08T20:06:09+00:00, by Xestión.