Os/as nenos/as son máis vulnerables
Carecen de criterio crítico, descoñecen os inconvenientes e están máis suxeitos ás modas: convértense en clientes cegos das operadoras (dos menores de 9 anos: un 5% ten móvil, de 12 a 14 anos: un 71%, de 9 a 11 anos: un 35%, dos maiores de 15 anos: máis do 90% -datos de Telefónica Móviles 2006- ).
Os seus sistemas nervioso e inmune estanse a desenvolver, e as células en división son máis susceptíbeis ás alteracións.
Posto que os seus efectos son acumulativos a longo prazo, a duración da exposición aumenta cando o seu uso comeza a curta idade cos consecuentes riscos. Os seus ósos do cranio son máis delgados e máis vasculares: maior penetración das ondas.
Efectos dos campos electromagnéticos:
cefalea
irritabilidade
falta de apetito
depresións
fatiga crónica,
dificultade de concentración
infertilidade
abortos
diminución da libido
leucemias agudas e tumores do SNC na infancia
dermatite e alerxia inespecíficas
trastornos cardiopulmonais, hormonais (melatonina,….), inmunitarios, visuais ou auditivos ….
Chamadas da comunidade científica internacional ao “Principio de Precaución” no uso da telefonía móbil en menores:
OMS, 1999: “Non se pode desbotar unha relación entre a influencia dos campos electromagnéticos e a leucemia infantil”. Exposición a CEM en zonas de residencia e leucemia infantil. Boletín nº 77.
España, 2001: “Cómpre facer un uso racional dos teléfonos móbiles con obxecto de reducir as exposicións innecesarias aos campos electromagnéticos, particularmente en grupos de especial atención como os nenos, os adolescentes ou os portadores de implantes activos, entre outros”. Comité de Expertos no seu Informe técnico campos electromagnéticos e saúde pública. Ministerio de Sanidade e Consumo. “Non prolongue innecesariamente a duración das chamadas efectuadas mediante un teléfono móbil […]. Os pais deberían procurar que os seus fillos fagan un uso prudente dos teléfonos móbiles, limitando a súa utilización ao esencial e mantendo unha duración curta nas chamadas”. Indicacións sobre un uso axeitado do teléfono móbil. Ministerio de Sanidade e Consumo.
Alemaña e R. Unido, 2001: "Desaconséllase enerxicamente que os nenos […] utilicen de forma prolongada e sen necesidade teléfonos móbiles pola súa crecente vulnerabilidade a posíbeis efectos prexudiciais para a saúde [… ]. A industria da telefonía móbil debería evitar fomentar o uso prolongado de teléfonos móbiles por parte dos nenos utilizando tácticas publicitarias que explotan a presión dos compañeiros e outras estratexias ás que os mozos son susceptíbeis, como a utilización… de personaxes DISNEY nos teléfonos." Dr. G.J. Hyland (Instit. Internac. Biofísica Neuss-Holzheim e o Dpto. de Física da Universidade de Warwick), Informe para o Parlamento Europeo sobre a radiación electromagnética non ionizante.
Francia, 2002: “… Privilexie a utilización dun sistema de mans libres e evite no momento da conversa colocar o teléfono preto do ventre dunha muller embarazada ou baixo o ventre dos adolescentes”. Consellos do Goberno Francés (DGCCRF) polo uso prudente da telefonía móbil.
Suecia, 2003: “Non podemos excluír que logo de varios decenios (de uso temperán da telefonía móbil), unha xeración poida sufrir efectos negativos a unha idade mediana”. Profesor L. Salford. Lund University.
Valencia, 2004: “…Os cranios máis pequenos coma os dos nenos absorben máis enerxia; é dicir, se atopamos efectos entre os adultos, nos nenos pódense multiplicar”. C. Gómez Perreta. Biofísico. Hospital Universitario “La Fe”.
Reino Unido, 2000/2005: “Os nenos menores de 8 anos non deberían utilizar os teléfonos móbiles e aqueles comprendidos entre os 8 e 14 non deberían empregalos agás cando for absolutamente necesario”. (2000). "Cómpre sermos precavidos. Non podemos dicir que non haberá efectos.” Ante a evidencia científica do estudo Reflex, cuéstionase o procedemento de planificación para as estacións base de telefonía móbil (antenas) polas súas posíbeis implicacións sobre a saúde da poboación exposta. (2005). W. Stewart, Presidente da Oficina Nacional de Protección Radiolóxica.
Austria, 2005: “… Os estudos mostran que esta [a dose de radiación] acumúlase cos anos. Por iso, os nenos fundamentalmente non deberían usar os teléfonos móbiles”. Gerd Oberfeld responsábel de Medicina Ambiental do Colexio de Médicos de Austria. O estudo Reflex, conclúe: as radiacións dos teléfonos celulares son xeno-tóxicas (daniñas para o ADN) e potencialmente canceríxenas, polo que se expón un decálogo para un uso máis moderado e responsábel para mitigar o seu efecto sobre a saúde: úsao só en caso de urxencia e por curto tempo, non os leves nos petos do pantalón e non envies mensaxes de texto debaixo do pupitre (pode afectar á fertilidade), apágao pola noite, e non o deixes preto da cabeceira da cama e non utilizar os vídeo-xogos que ofrecen. Colexio de Médicos de Viena.
Galiza, 2006: “Cómpre facer un uso racional e moderado destas tecnoloxías…[Os estudos que as presentan coma inocuas] non deberían tomarse ao pé da letra. Os intereses económicos que existen detrás de todo este mercado converten estes traballos en pouco fiables, ao meu ver. Cómpre durmir afastado do teléfono móbil, así como non levalo próximo a zonas vitais como o corazón ou os xenitais. Son moi recomendábeis os sistemas de mans libres. As antenas de telefonía deberían estar instaladas cun perímetro de seguridade de 100 metros. Ademais, o uso de teléfonos móbiles por menores de 12 anos é totalmente desaconsellábel. O sistema nervioso dos cativos está en fase de crecemento e pode ser danado. A educación dos pais é fundamental neste senso”. Dr. José Carro Otero, Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Real Academia de Medicamento e Cirurxía Galega.
Bélxica, 2007: Chamamento de máis de 30 pediatras flamengos á prohibición do uso dos teléfonos móbiles aos nenos menores de 16 anos, informando aos pais nos distintos departamentos pediátricos do seu perigo. “Os móbiles non son xoguetes e polo tanto os pais descoñecen os seu perigos” Jan Alllein.
Máis información:
http://www.apdr.info/electrocontaminacion/telef_mov_pontevedra.htm

