ANPA "Pardo Bazán" CEIP Froebel


  • fontsizeup
  • fontsizedown

Portada del sitio > 13. Taboleiro de anuncios

Antenas de telefonía

Viernes 26 de octubre de 2007, por ANPA. Última actualización Viernes 26 de octubre de 2007


O curso pasado a ANPA co apoio do Consello Escolar entregou no Concello un documento no que solicitabamos a retirada da antena de telefonía que está a escasos metros do Colexio.

Reproducimos o texto:

(…)

EXPÓN:

1.- Que a antena de telefonía que está instalada nas inmediaciones do colexio non ten licenza municipal e está extremadamente cerca do colexio e doutros centros públicos como a biblioteca e o antigo conservatorio.

2.- Que as compañías telefónicas non demostran que as antenas sexan inocuas para a saúde, todo o contrario, avisan do seu efecto paraugas que non afecta á comunidade que resida debaixo da antena.

3.- Que existen innumerables estudos científicos de doutores e investigadores de universidades de todo o mundo que alertan da influencia negativa das radiacións electromagnéticas na saúde (transtornos neurolóxicos, cardiopulmonares, hormonais, inmunolóxicos, ademais de incrementar o risco de cancro) sobre todo en nenos e adolescentes cuxos órganos evolucionan en crecemento e conformación.

4.- Que existen antecedentes como os numerosos casos de cancro infantil detectados en dous colexios de Valladolid, ubicados ambos os dous cerca dunha antena de telefonía móbil.

5.- Que tamén hai sentenzas, baseadas no principio de precaución, de distintos tribunais de xustiza (Albacete, Erandio, Murcia, Castelló, etc.) que resolven en contra das antenas.

Polo que SOLICITA:

Que, de acordo co principio de precaución regulado polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea e recollido en tratados e convencións internacionais subscritos por España: cando subsista incerteza respecto á existencia e á importancia dos riscos para a saúde das persoas, as institucións poden adoptar medidas de protección sen ter que esperar a que a realidade e a gravidade dos riscos estean plenamente demostrados, se retire a antena instalada no edificio nº 24 da rúa Echegarai.


1 Mensaje



Seguir la vida del sitio RSS 2.0 | Mapa del sitio | Espacio privado | SPIP | esqueleto