A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) naceu o 16 de novembro de 1945. O máis importante para este organismo das Nacións Unidas non é construír escolas en países devastados ou publicar achados científicos. O obxectivo da Organización é moito máis amplo e ambicioso: construír a paz na mente dos homes mediante a educación, a cultura, as ciencias naturais e sociais e a comunicación.
Actualmente, a UNESCO é un laboratorio de ideas que marca estándares para establecer acordos a nivel mundial relativos aos principios éticos incipientes. A Organización tamén desempeña un papel de centro de intercambio de información e coñecemento. Ao mesmo tempo, axuda aos estados membros na construción das súas capacidades humanas e institucionais nos seus diferentes ámbitos de actuación. En suma, a UNESCO promove a cooperación internacional en materia de educación, ciencia, cultura e comunicación entre as seus 193 estados membros e os seus seis membros asociados.
O obxectivo principal da UNESCO, de acordo coa súa constitución, é contribuír á paz e a seguridade mediante o fomento da colaboración das nacións mediante a educación, a ciencia e a cultura, a fin de asegurar o respecto universal á xustiza, o imperio da lei, os dereitos humanos e as liberdades fundamentais para os pobos do mundo, independientemente da súa raza, sexo, idioma ou relixión. Un dos obxectivos básicos da Organización sempre foi a promoción da paz e a cooperación internacional a través da educación. Logo da súa fundación en 1946, os educadores que traballan coa UNESCO produciron un impresionante número de novas ideas e suxestións relativas á educación para o entendemento internacional.

