ANPA "Pardo Bazán" CEIP Froebel


  • fontsizeup
  • fontsizedown

Portada del sitio > 6. Cursos, concursos, certames

I OLÍMPIADA LÚDICO-CULTURAL

Martes 17 de febrero de 2009, por ANPA. Última actualización Miércoles 18 de febrero de 2009



A partir do 2 de marzo comeza no CEIP Froébel a I Olímpiada Lúdico-Cultural promovida pola ANPA e coa colaboración do colexio e o Concello. Os alumnos e alumnas que queirades participar tedes que cubrir a ficha de inscrición e introducila na urna situada na entrada da aula de música antes do 27 de febreiro. Mínimo 10 grupos.

Só se pode participar en grupos de 4 persoas que pertenzan ao mesmo ciclo e terán que reunir o máximo de puntos posible ao longo de 10 semanas.

Para conseguir puntos os grupos poderán participar nas seguintes modalidades que se exporán ao lado da urna todos os luns:

Razoamos

Consiste en resolver varias preguntas que teñen como base os distintos tipos de razoamento. Cada ciclo terá unha proba axeitada ao seu nivel.

A resposta desta proba só se pode depositar na urna o luns.

- Se o grupo as resolve correctamente conseguirá: tres puntos.
- Se comete un fallo, conseguirá dous puntos.
- Se comete dous fallos, conseguirá un punto.

Usamos a lóxica

Consiste en resolver unha cuestión de lóxica cada semana. O grupo pode depositar a resposta na urna calquera día da semana.

Se o grupo a resolve conseguirá dous puntos.

Investigamos

O grupo terá que investigar cada semana sobre un asunto e pode depositar a resposta na urna calquera día da semana.

Segundo a súa resolución suporá conseguir de un a catro puntos en función dos criterios de avaliación que se exporán para cada traballo de investigación.

Adiviñamos

Consiste nunha adiviña. Cada día darase unha pista para a súa resolución.

-  Se o grupo a resolve o luns, conseguirá catro puntos.
-  Se a resolve o martes, tres puntos.
-  Se a resolve o mércores, un punto.

Os grupos sempre deberán depositar na urna a ficha de resposta de cada modalidade antes das 16.30 h e sempre deberá constar o nome do grupo e a data.

As respostas de todas as cuestións e a puntación semanal de cada grupo publicaranse os luns.

Infantil participará na seguinte modalidade:

Descubrimos

Cada clase deberá compoñer unha parte dun mural. Para iso, cada semana os alumnos e alumnas colocarán cadansúa ficha no lugar indicado por medio de pistas.

PREMIOS

- Grupo con maior puntuación: vale de 160 euros (4 de 40 euros) e lote de libros.

- 2.º grupo con maior puntuación: vale 100 euros (4 de 25) e lote de libros.

En caso de empate decidirá a maior puntación en 1.º Razoamos, 2.º Usamos a lóxica, 3.º Adiviñamos, 4.º Investigamos. De seguir o empate os dous grupos farán unha modalidade escollida ao azar na que contará o tempo de resolución.

- Infantil obterá como premio: material para a aula.


2 Mensajes del foro



Seguir la vida del sitio RSS 2.0 | Mapa del sitio | Espacio privado | SPIP | esqueleto