ANPA "Pardo Bazán" CEIP Froebel


  • fontsizeup
  • fontsizedown

Portada del sitio > 8. En Pontevedra

Curtametraxes premiadas

Martes 20 de mayo de 2008, por ANPA. Última actualización Martes 20 de mayo de 2008


Na última edición (2007) dos Premios Mestre Mateo foron premiadas Cousas do Kulechov (á mellor obra experimental ou interactiva) e O neno de barro (nove premios: mellor longametraxe; mellor dirección, para Jorge Algora; mellor actor protagonista, para Chete Lera; mellor guión; mellor música orixinal; mellor maquillaxe e perruquería; mellor vestiario e mellor dirección artística).

Lugar: Teatro Principal.

Día: mércores, 21 de maio

- 20 h: Cousas do Kulechov. DVD. Presentará a curtametraxe a directora, a pontevedresa Susana Rei.

- 20.30h: O cazador

- 20.56h: Historias dunha torre. A torre sábeo. DVD.

- 21.11h: Historias dunha torre. Polo amor de Deus. DVD.

- 21.23h: Historias dunha torre. Entorrados. DVD.

- 21.33h: Historias dunha torre. O peso do fume. DVD.

- 21.43h: Don señor e o home do soño. 35mm

- 21.46h: O neno de barro.35mm. 95´. Presentará a longametraxe o director e guionista, Jorge Algora.

Cousas do Kulechov. 2006

Dirección: Susana Rei Crespo

Creación videográfica baseada na montaxe como exercicio de alteración da percepción. A partir de imaxes reais (mariscadores, bateas, incendios forestais, bombas de palenque), habituais en telexornais e documentais, créase unha historia bélica na que un exército invade Galicia. O relato ficticio artéllase en torno aos seguintes eixes: Desembarco inimigo nas costas, destrución de poboacións, fuxida ao interior, resistencia, reconversión do sector pesqueiro e gandeiro en industria bélica e vitoria final.

O cazador. 2007

Dirección e guión: Ángel Santos

Produción: Ángel Santos e Daniel Froiz

Fotografía: Juan Carlos Pérez

Montaxe: Ángel Santos

Son: Xavier Souto

Intérpretes: Lois Soaxe, Marta Pazos e Teté García

Dous actores sobre un escenario baleiro construíndo uns personaxes. Un cazador e unha campesiña que se atopan nun prado co peso dunha relación pasada nas súas costas.

Historias dunha torre

Este proxecto consiste na realización de catro curtametraxes de entre 10 e 15 minutos de duración co único punto en común da inclusión da Torre de Hércules como localización ou referencia en cada unha das historias. Todas as curtametraxes están protagonizadas polos actores/alumnos que foron sometidos a un rigoroso proceso de casting no que tiveron que traballar duro para conseguir os mellores papeis.

(Historias dunha torre) A torre sábeo. 2006

Dirección: Germán Tejada Santiago

É un thriller, e a miña aposta como director é a de mergullar ao espectador nesta insólita viaxe que se desenvolva nunha soa noite na que a vida dun grupo de amigos da un xiro radical que vai dende a celebración, o optimismo e as ganas de vivir ata a desesperación, a violencia, o egoísmo e a terrible incerteza que os acompañará durante o resto das súas vidas…

(Historias dunha torre) Polo amor de Deus. 2006

Dirección: Javier García Cea

É unha comedia romántica en cinco actos. Mozo e moza coñécense; mozo e moza deciden vivir xuntos; mozo e moza desespéranse ante as cargas familiares; mozo e moza sepáranse traxicamente; e un bonus track moza e can son felices na súa soltería pero tamén rematan separándose. Se ben cada parella fórmana dous actores diferentes, a historia é unha. As diferentes historias conforman todas e cada unha das etapas que o amor debe tomar no seu camiño ao desamor

(Historias dunha torre) Entorrados. 2006.

Dirección: Germán Tejada Santiago, Pablo Sante Varela e Carlos Sánchez Pérez

O grande reto, e por outra parte clave da comicidade de Entorrados, reside no feito de que todos os personaxes que aparecen na curtametraxe, sexan humanos ou animais, son interpretados única e exclusivamente por dous actores en permanente estado de metamorfose. Estamos a falar, como non, de Pablo Sánchez e Carlos Sante.

(Historias dunha torre) O peso do fume. 2006

Dirección: Héctor Diéguez González

É difícil deixar de fumar, moi difícil. Calquera dos millóns de persoas no mundo que o intentaron algunha vez saben de qué estamos a falar. Algúns conseguírono, pero a maioría sufriron un estrepitoso fracaso. Cando entramos no piso de Luís atopámolo pasando por esta terrible experiencia.

Don Señor e o home do soño. 2008

Dirección e guión: Juan Ignacio Abia

Produción: Daniel Froiz

Animación

O introvertido Don Señor vive nun cuarto e non lle gusta saír. Pero mesmo alí algo lle molesta: Cando dorme, aparéceselle continuamente “O Home do Soño”.

O neno de barro. 2007

Dirección: Jorge Algora

Fotografía: Suso Bello

Guión: Christian Busquier, Jorge Algora e Héctor Carré

Música: Nani García

Intérpretes: Abel Ayala, Chete Lera, Juan Ciancio, Daniel Freire e Maribel Verdú

Bos Aires, 1912. Unha serie de brutais asasinatos de menores propágase pola cidade. Mateo, un meniño de 12 anos, agacha un segredo: ás veces a súa mente condúceo a un escuro lugar da memoria onde é testemuña dos asasinatos.

Cineclub Pontevedra teléfono 986859584. Rúa Oliva n º 6 5 ª A. CP36001. Apartado 281. Atención ao público de 19h á 21h (excepto os días de sesión)


3 Mensajes del foro



Seguir la vida del sitio RSS 2.0 | Mapa del sitio | Espacio privado | SPIP | esqueleto